Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que contén a unidade didáctica 7 (Cómo nos entendemos!) de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.4: Recoñecer e rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha consideración social equilibrada das dúas linguas. | Manifesta respecto polas opinións do resto de persoas en toda circunstancia. | TI | 7 | 10 |
| CA2.3: Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos. | Expresa as súas opinións persoais de maneira coherente e fluída. | TI | 7 | 12 |
| CA2.4: Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso. | Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas escoitando as intervencións do resto de persoas. | TI | 7 | 12 |
| CA2.5: Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir das experiencias e interaccións orais próximas. | Utiliza un vocabulario axeitado ao contexto nas diferentes situacións de comunicación. | TI | 7 | 12 |
| CA2.8: Mobilizar, coa planificación e acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos, propondo solucións creativas. | Incorpora opinións alleas para adaptar a súa propia opinión na procura da resolución dialogada de conflitos ou na construción dunha opinión colectiva. | TI | 7 | 10 |
| CA3.3: Utilizar estratexias para a comprensión de textos de diversa índole en lingua galega, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. | Redacta a parte final dun texto incompleto dunha forma creativa e que sexa posible. | PE | 7 | 12 |
| CA3.10: Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. | Redacta un artigo de opinión sobre un tema social de interese expresando un razoamento claro e un criterio propio. | PE | 7 | 10 |
| CA4.2: Compartir os resultados dun proceso de investigación sinxelo, individual ou grupal sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira autónoma ofrecendo información extraída de distintas fontes, citándoas e recreándoas de maneira creativa. | Explica brevemente un proceso de investigación previo. | PE | 7 | 10 |
| CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. | Redacta unha breve acta de debate cun vocabulario axeitado e cunha ortografía correcta. | PE | 7 | 12 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||