Entre versos, viaxamos!
O REA segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:
Fase 1: Descrición do reto. Este será o momento de organizar o alumnado en grupos de traballo e de escoller unha lingua da península para cada grupo.
Fase 2: Exploración. Traballo cos coñecementos previos.
Fase 3: Conexión.
Fase 4: Reto final.
Fase 5: Conclusión. Exposición e coavaliación dos produtos finais.
Este REA está relacionado con dúas datas conmemorativas. Recoméndase relacionar as diferentes actividades con estas datas:
- 27 setembro, Día mundial do turismo.
- 30 setembro, Día internacional da tradución.