Saltar navegación

1. Descrición xeral

Entre versos, viaxamos!

O coñecemento dos elementos que interveñen en calquera proceso comunicativo será o punto de partida para presentar unha das secuencias textuais máis básicas, a dialogada, e tamén algúns xéneros discursivos propios do ámbito persoal, particularmente, a presentación persoal e a conversa. Así mesmo, a análise e produción deste tipo de textos facilitará a abordaxe doutro aspecto importante da unidade, as diferenzas máis relevantes entre a lingua oral e a lingua escrita.
Por outra banda, o desenvolvemento deste REA debe contemplar o papel protagonista do alumnado e facelo partícipe, en primeira persoa, de contidos que terán continuidade noutros REA do curso ou en niveis superiores. Neste sentido, é fundamental que o alumnado rexistre a súa experiencia na aprendizaxe de linguas (presentación da súa biografía lingüística) e vaia perfilando a súa identidade lectora e gustos literarios (obradoiro de poesía).

As metas de aprendizaxe son: 

  • Entender: coñecer os elementos da comunicación.

  • Socializar: traballar en equipo.

  • Respectar: coñecer a diversidade lingüística peninsular.

  • Coñecer: achegarse á lírica.

  • Aprender: expresarse en público.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)