Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Para desenvolver o REA precisamos:

  • recursos dixitais: ordenador/tablet, conexión a internet...
  • físicos: caderno...

O REA dispón de:

  • "Material descargable" para que o alumnado dispoña dos materiais nun só documento de consulta.
  • "Diario de aprendizaxe" como ferramenta de reflexión individual e grupal.

Proposta para a formación de grupos de traballo:

  • Deben ser de 3 ou 4 membros (poderíase alterar este número segundo o aspecto que se queira reforzar en actitude, pero sempre é mellor grupos pequenos).
  • Preferiblemente heteroxéneos. 
  • Os grupos deben ter interdependencia positiva e debe existir unha responsabilidade individual e grupal. O profesorado decidirá o papel que debe desempeñar cada un dos integrantes do grupo.
  • Cada grupo traballará sobre unha lingua da Península, das que se recollen na FASE 1. Débese ter en conta que a lingua catalá aparece dividida segundo territorios de fala (catalá, valenciá e catalá insular).

Produtos finais

  • Un documento sobre unha lingua peninsular cos requisitos que aparecen recollidos na FASE 4.
  • Unha ficha de traballo no que se recolla o proceso e as fontes empregadas para a súa realización.
  • Estes documentos serán adaptados no seu nivel de dificultade en cada grupo.

Enfoque multinivel do reto

O carácter aberto deste produto final permitirá que o alumnado participe activamente e poderá empregar diferentes medios para a súa elaboración e expresión, tal e como se contempla no REA.

Avaliación

Os instrumentos de avaliación que presenta o REA son:

  • Informe progreso.
  • Rúbricas.
  • Lista de cotexo.
  • Observación directa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)