Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as   características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán, e identificar algúns trazos dos repertorios lingüísticos e das variedades dialectais do alumnado, contrastándoos en manifestacións orais, escritas e multimodais O alumnado localiza nun mapa da Península Ibérica a situación xeográfica das linguas de España e Portugal, coñece datos sobre a súa orixe e recoñece a área dialectal na que se insire a súa bisbarra. PE  UD 1 50
CA2.1 - Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. O alumnado identifica, nunha conversa ou entrevista gravada, os principais elementos do feito comunicativo (emisor, receptor...) e recoñece trazos característicos das secuencias textuais dialogadas. PE  UD 1
CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos  constitutivos co sentido da obra, atendendo á
configuración dos xéneros e subxéneros literarios.
O alumnado identifica, en textos dados e na obra de lectura obrigatoria, algúns trazos formais do xénero lírico (versos, estrofas, rima...). 

PE 

UD 1
CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. O alumnado coñece e sabe distinguir os trazos diferenciais entre a lingua oral e a lingua escrita, atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos. PE  UD 1
CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais. O alumnado realiza unha breve presentación da súa biografía lingüística. Indica que linguas fala, escribe ou aprende, como as aprende, que lingua/s utiliza/n a súa familia ou persoas
achegadas.
TI UD 1 50
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de
estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
O alumnado, en grupos de catro alumnas/os, participa activamente,
respectando a quenda de palabra, con boa actitude e cortesía lingüística, nunha conversa sobre o inicio de curso e o instituto.
TI UD 1
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias. O alumnado asiste e participa activamente nas actividades do obradoiro de poesía, expresa a súa opinión sobre un poema da súa elección e colabora na escrita dun poema colectivo. TI UD 1
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Recoñecer as linguas da Península Ibérica, especialmente as características básicas do portugués, do éuscaro e do catalán.

FASE 1 1.2

Mapa interactivo: As linguas que nos rodean

Informe de progreso
CA2.1 - Valorar a forma e o contido de textos escritos, orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. FASE 2 2.1

Adestramos

Practicamos

 Afondamos

Informe de progreso

Rúbrica "Escribir"

CA3.4 - Explicar e argumentar, coa axuda de pautas e modelos, a interpretación das obras lidas a partir da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, atendendo á configuración dos xéneros e subxéneros literarios. FASE 2 2.2

Xogamos cos textos. A lírica

Características dos xéneros

Lista de cotexo

Rúbrica "Cooperar"

CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. Ao longo do REA todas as actividades van dirixidas a esa incorporación.

Lista de cotexo

Informe de progreso

Rúbrica "Escribir"

CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

FASE 1

Somos iguais, somos diversidade

Presentámonos

Lista de cotexo

Rúbrica "Falar"

CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

FASE 1

Somos iguais, somos diversidade

Presentámonos

FASE 2

Non sempre nos comunicamos igual

FASE 3

Promocionando linguas!

Rúbrica "Falar"
CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias necesarias.

FASE 2 2.1
Adestramos

Practicamos

 Afondamos

FASE 3 

Eu falo así

Agradecendo

Como andas de memoria?

Xente polo mundo

Rúbrica "Escribir"

Informe de progreso

Feito con eXeLearning (Nova xanela)