Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Educación plástica e visual" de 6º de educación primaria, contextualízase nas unidades didácticas: "A fotografía" e "Georgia O'Keeffe"
O recurso englóbase nos bloques de contido 1, 2, 3 e 4.
Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.
Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.
Bloque 3: Educación audiovisual: percepción e análise.
Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación.
Cada un destes catro bloques teñen características propias, aínda que todos están relacionados entre si. No primeiro e no terceiro, inclúense todos aqueles aspectos vencellados ao desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes relacionados co recoñecemento, recepción e observación sensitiva e visual, que permiten unha aproximación ás diferentes manifestacións culturais e artísticas da contorna para analizala e comprendela. O segundo e o cuarto bloques fan referencia á expresión creativa de ideas, sentimentos e sensacións mediante a exploración, o coñecemento, a execución e a utilización creativa de diferentes códigos, elementos, ferramentas, instrumentos, materiais, medios, recursos, soportes, programas, aplicacións e técnicas culturais e artísticas.
| Contidos |
Bloques da materia |
|
- Estratexias de recepción activa.
- Cultura visual. A imaxe no mundo actual: técnicas e estratexias de lectura, análise e interpretación da intención
comunicativa. Valoración desde unha perspectiva de xénero.
- Elementos configurativos da linguaxe visual e as súas posibilidades expresivas: punto; liña grosa, fina, continua e descontinua; plano; textura; cor.
- Materiais, instrumentos, soportes e técnicas de maior uso na expresión plástica e visual.
- Vocabulario específico nas artes plásticas e visuais.
- Recursos dixitais de uso común para as artes plásticas e visuais.
- Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
- Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas plásticas e visuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
|
Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.
|
|
- Representación, de forma persoal, de ideas, accións e situacións valéndose dos elementos que configuran a linguaxe visual.
- Experimentación e expresión a través de medios, soportes e materiais de expresión plástica e visual, incluídos os formatos artísticos contemporáneos. Elaboración de imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos. Técnicas bidimensionais e tridimensional.
- Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións plásticas e visuais.
- Utilización de técnicas, materiais e recursos informáticos e tecnolóxicos: a súa aplicación para a captura, creación, manipulación e difusión de producións plásticas e visuais.
- Uso responsable de bancos de imaxes e sons. Coñecemento e respecto polas licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros. Plaxio e dereitos de autor.
- Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas plásticas e visuais.
|
Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.
|
|
- Propostas audiovisuais elementais. O cinema: orixe e evolución. Espazos culturais e artísticos do ámbito audiovisual. Comunicación e valoración do contido informativo que as imaxes proporcionan, desde unha perspectiva de xénero.
- Profesións vinculadas ao ámbito cinematográfico e audiovisual. Coñecemento e valoración.
- Vocabulario específico nas artes audiovisuais.
- Recursos dixitais de uso común para as artes audiovisuais.
- Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
- Características da linguaxe cinematográfica e audiovisual: encadramento, movementos, montaxe e son. Visionamento de propostas icónicas, cinematográficas e audiovisuais.
- Nocións elementais sobre estilos, xéneros e formatos audiovisuais: imaxe fixa e en movemento. Ficción e non ficción. Animación.
- Estratexias de procura, filtrado e valoración.
- Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas cinematográficas e audiovisuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
|
Bloque 3: Educación audiovisual: percepción e análise.
|
|
- Rexistro e edición de elementos audiovisuais (imaxe, audio): conceptos, tecnoloxías, técnicas e recursos básicos.
- Producións audiovisuais: planificación das fases e roles do proceso creativo. Traballo colaborativo e importancia do proceso nos diferentes xéneros e formatos.
- Características da linguaxe audiovisual multimodal.
- Creación, experimentación e difusión de mensaxes audiovisuais: procesos técnicos e respecto á integridade das persoas e aos dereitos de autor.
|
Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación
|
Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos artísticos non deben abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados.
Así, este enfoque aborda de xeito transversal os catro bloques, enfocándose especialmente nos seguintes obxectivos da materia.
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX1 |
Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade
|
| OBX2 |
Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia. |
| OBX3 |
Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias. |
| OBX4 |
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| CCL: competencia en comunicación lingüística. |
CCL1, CCL3. |
| CP: competencia plurilingüe. |
CP1, CP3. |
| STEM: competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería. |
STEM1, STEM2, STEM3. |
| CD: competencia dixital. |
CD1, CD2. |
| CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender. |
CPSAA3, CPSAA5. |
| CC: competencia cidadá. |
CC1, CC2, CC3. |
| CE: competencia emprendedora. |
CE1, CE2, CE3. |
| CCEC: competencia en conciencia e expresións culturais. |
CCEC1, CCEC2, CCEC3. |