Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 11 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de primaria, desenvólvese no primeiro trimestre coma primeira unidade didáctica e englobando parte da cuarta unidade didáctica.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|
Fase 1. "Arte e artistas" |
1.1. Que imos aprender aquí? 1.2. Organizámonos |
Sesións de motivación e presentación da tarefa de xeito que o alumnado teña interese por aprender. |
1 sesión. |
|
Fase 2. "As mulleres na Historia da Arte" |
2.1. Lembramos: as disciplinas artísticas. 2.2. Lembramos: os elementos dunha composición visual. |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos, necesarios para a realización da tarefa. |
4 sesión. |
|
Fase 3. "A artista das flores enormes" |
3.1. De Nova York a Novo México. 3.2. A banda deseñada para contar historias. |
Sesións con actividades informativas e interactivas có obxectivo de reflexionar, deducir e completar o aprendido. |
3 sesións. |
|
Fase 4. "Beleza e equilibrio: Imos polo reto" |
4.1. O knolling. |
Sesións dirixidas á realización do reto proposto, amosando a asimilación das aprendizaxes adquiridas. Isto realizarase a través da creación dun knolling. |
2 sesións |
|
Fase 5: "Visibles" |
5. "Visibles" |
Sesións de auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido. |
1 sesións |