Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA | Criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Unidad didáctica (Proens) | Instrumentos de avaliación | %(Orientación de Proens) |
|
CA1.1 |
Distinguir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas. |
Identifica e emprega os recursos e materiais utilizados para elaborar unha obra. Obtén diversas texturas a partir da aplicación da cor. |
Unidade 1 |
TI |
100% |
|
CA1.2 |
Describir manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, explorando as súas características con interese, establecendo relacións entre elas, valorando a diversidade que as xera, así como as principais profesións vinculadas á creación e interpretación plástica e visual, e empregando o vocabulario específico destas. |
Coñece, lembra e describe, de forma oral e escrita e empregando un vocabulario axeitado, os datos máis relevantes da vida e obra de Georgia O'Keeffe. |
Unidade 4 |
||
|
CA1.4 |
Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. |
Analiza e emprega as posibilidades de materiais, texturas, formas e cores aplicados sobre diferentes soportes. |
Unidade 1 |
||
|
CA1.5 |
Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. |
Experimenta con materiais e texturas gráficas con creatividade e soltura. |
Unidade 1 |
||
|
Valora a obra e os procesos creativos da autora. |
Unidade 4 |
||||
|
CA1.6 |
Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas plásticas e visuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. |
Valora os elementos e os recursos empregados para acadar o efecto que máis se axuste ás propias necesidades. |
Unidade 1 |
||
|
CA2.1 |
Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias. |
Debuxa obxectos cotiáns, ideas, accións e situacións. Representa con claroscuro a sensación espacial de composicións volumétricas sinxelas. Suma e resta segmentos utilizando a regra e o compás. |
Unidade 1 |
||
|
CA2.3 |
Planificar e deseñar producións culturais e artísticas plásticas e visuais colectivas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade. |
Participa positivamente na realización de fotografías realizadas no horto e no xardín do centro para despois plasmar as fotografías en debuxos. |
Unidade 4 |
||
|
CA2.4 |
Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe plástica e visual e diferentes técnicas artísticas. |
Fai composicións que transmiten emocións básicas (alegría, tristura, ira...)coa axuda de diversos recursos para cada caso (claroscuro, puntos, liñas, cores...). |
Unidade 1 |
||
|
CA2.6 |
Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. |
Valora as obras de arte nas súas diversas manifestacións. |
Unidade 1 |
||
|
Mantén limpos e coida os materiais de pintura e modelado (ceras, pinceis, mesas...). |
Unidade 4 |
||||
|
CA3.1 |
Distinguir propostas artísticas audiovisuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas. |
Distingue o tema ou xénero de obras plásticas. |
Unidade 1 |
||
|
CA3.4 |
Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas audiovisuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios. |
Coñece a evolución da fotografía dende o branco/negro á cor, formato papel ao dixital e valora as posibilidades que ofrece a tecnoloxía. |
Unidade 1 |
||
|
Identifica, clasifica e localiza co ordenador os lugares máis importantes na vida da pintora (Novo México, Texas e NY). |
Unidade 4 |
||||
|
CA3.5 |
Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas audiovisuais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións. |
Organiza e planifica o seu proceso creativo desenvolvéndoo en esbozos e elixindo os que mellor se axeiten aos seus propósitos na obra final. |
Unidade 1 |
||
|
CA3.6 |
Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas audiovisuais interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva. |
Coñece os protocolos de actuación para a difusión de imaxes propias ou alleas, e respecta a propiedade intelectual de cada persoa. |
Unidade 1 |
||
|
Manifesta respecto na visita virtual ao Museo Thyssen para a observación e estudo das obras máis importantes. |
Unidade 4 |
||||
|
CA4.1 |
Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe, o son e os medios dixitais básicos, e mostrando confianza nas capacidades propias. |
Realiza fotografías utilizando medios tecnolóxicos e analizando a posteriori a adecuación do encadramento ao propósito inicial. |
Unidade 1 |
||
|
CA4.4 |
Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas audiovisuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe audiovisual e diferentes técnicas artísticas. |
Secuencia unha historia en viñetas nas que incorpora imaxes, textos, vocabulario e localización, seguindo o patrón do cómic. |
Unidade 1 |
||
|
CA4.5 |
Compartir os proxectos creativos audiovisuais, empregando diferentes estratexias comunicativas a través de diversos medios e explicando o proceso e o resultado final obtido. |
Participa positivamente na realización dunha composición baseada na impresión das fotografías realizadas. |
Unidade 4 |
||
|
CA4.6 |
Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas audiovisuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais. |
Participa nas actividades propostas con interese e colaboración. |
Unidade 1 |
||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); TI: Táboa de indicadores | |||||