Contextualización do REA na programación de materia
Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 2º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.
Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas en algúns recursos, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa inclúe un total de seis REA, cunha distribución de dous por trimestre. O único cambio significativo respecto á programación modelo de Proens utilizada como base afecta á temporalización da UD 8, que se traslada do segundo ao terceiro trimestre.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
| Número de REA e título | Unidade/s didáctica/s (Proens) | Criterios de avaliación traballados | % Peso Materia (Orientación de Proens) | Temporalización |
|---|---|---|---|---|
| REA 1: "Misterio no mosteiro: a Alta Idade Media na Península Ibérica" | UD1 Os reinos altomedievais UD4 A Península Ibérica na Idade Media e o reino medieval de Galicia |
CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA 3.6 | 13% | 1º trimestre |
| REA 2: "Unha luminosa Idade Media" | UD2 A Europa feudal UD3 Románico, gótico e arte islámica |
CA1.5, CA2.1, CA2.2, CA2.5, CA2.6, CA2.8, CA3.2, CA3.6, CA3.7 | 12% | 1º trimestre |
| REA 3: "A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese" | UD5 Crise feudal e Baixa Idade Media | CA1.6, CA2.1, CA2.3 CA2.5, CA3.2, CA3.3 | 10% | 2º trimestre |
| REA 4: "Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica" | UD6 A Monarquía Hispánica UD7 A conquista e colonización de América |
CA1.2, CA1.3, CA2.1, CA2.4, CA2.5, CA2.7, CA3.3 | 20% | 2 trimestre |
| REA 5: "Combatendo trolas: os avances do ser humano" | UD8 Renacemento e Reforma UD9 O século do Barroco |
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 | 18% | 3º trimestre |
| REA 6: "Un mundo cheo pero desigualmente repartido" | UD10 Os desafíos demográficos UD11 Un mundo de cidades UD12 Desigualdade e cooperación |
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.7, CA2.5, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.7, CA3.8 | 27% | 3º trimestre |