Saltar navegación

1. Descrición xeral

Un mundo cheo pero desigualmente repartido

Estamos ante un REA (Recuso Educativo Aberto) pensado e realizado para aproximar aos alumnos e alumnas de 2º de ESO ao coñecemento básico da xeografía da poboación, da xeografía urbana e das desigualdades e a cooperación.

A través dos textos, imaxes e actividades incorporadas ao REA o alumnado poderá incrementar os seus coñecementos sobre as temáticas antes expostas.

Para que os alumnos e alumnas podan consolidar o aprendido deberán resolver un reto proposto mediante o cal, e tras procurar a información necesaria, sexan quen de ordenar unha serie de datos que lles serán ofrecidos dunha maneira desorganizada.

Ao longo das 27 sesións de traballo nas que se desenvolverá este REA o alumnado deberá ser quen de acadar as seguintes metas de aprendizaxe:

  • Comprender as causas das vagas migratorias actuais.
  • Distinguir os diferentes modelos demográficos.
  • Coñecer os movementos demográficos.
  • Analizar e interpretar pirámides de poboación.
  • Entender as causas do avellentamento demográfico.
  • Recoñecer o papel da muller nos ciclos demográficos.
  • Achegarse ao impacto das migracións na sociedade actual.
  • Identificar os procesos de urbanización ocorridos ao longo da Historia.
  • Analizar as causas do despoboamento rural.
  • Comprender os principais problemas (ambientais e sociais) propios dos mundos rurais e urbanos.
  • Entender os problemas das cidades como por exemplo a xentrificación ou a planificación urbana.
  • Analizar os principais problemas o Terceiro Mundo.
  • Identificar medidas que podan contribuír á mellora da sociedade.
  • Entender o papel da ONU e das ONG e a importancia da cooperación internacional.
  • Adoptar unha posición crítica fronte a postulados belicistas, xenófobos ou discriminatorios.
  • Usar adecuadamente as ferramentas informáticas para o tratamento da información.
  • Traballar en grupo de xeito organizado e efectivo.
  • Seleccionar e xerarquizar a información.
  • Expoñer o resultado do voso traballo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)