Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación % (Orientación de Proens)
Unidade 10: Os desafíos demográficos.
CA1.3 - Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou. Analiza as causas das vagas migratorias actuais. PE 60
CA1.6 - Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos a que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia. Diferencia os distintos modelos demográficos e os movementos naturais da poboación mundial mediante a análise de pirámides de poboación.
CA1.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles. Comprende as causas principais que explican o avellentamento da poboación actual en España e Galicia. TI 40
CA1.2 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas. Entende a evolución dos movementos migratorios mundiais dende o século XIX ata a actualidade.
CA2.5 - Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados. Recoñece o papel da muller nos ciclos demográficos.
CA3.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles. Entende o impacto da emigración e inmigración na sociedade actual.
CA3.2 - Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados. A través de fontes orais, comprende o impacto das migracións na súa contorna próxima.
CA3.5 - Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos. Valora a importancia da diversidade social e cultural froito dos movementos migratorios.
CA3.7 - Tomar conciencia do ciclo vital e analizar como cambiaron as súas características, necesidades e obrigas en distintos momentos históricos, así como as raíces da distribución por motivos de xénero do traballo doméstico, asumindo as responsabilidades e compromisos propios da idade no ámbito familiar, na contorna escolar e na comunidade, e valorando a riqueza que achegan as relacións interxeracionais. Comprende a relación entre as melloras sociais e os cambios nos movementos naturais da poboación.
Unidade 11: Un mundo de cidades.
CA1.3 - Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.



Identifica o proceso de urbanización e os cambios ocorridos nas cidades ao longo da Historia. PE 60
CA1.2 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas. Analiza as causas do despoboamento rural en España e Galicia a través de mapas xeográficos. TI 40
CA1.4 - Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos. Comprende os principais problemas ambientais e sociais propios do mundo urbano e rural.
CA3.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles. Debate sobre problemas actuais das cidades como a xentrificación, planificación urbana ou as megalópoles.
Unidade 12: Desigualdade e cooperación.
CA1.3 - Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou. Comprende as consecuencias que a contaminación do medio natural ten sobre a poboación do Terceiro Mundo. PE 60
CA1.4 - Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos. Indica algunha medida a realizar para mellorar a sociedade dende o punto de vista social ou ambiental.
CA1.2 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas. Analiza e compara novas de prensa sobre problemas actuais. TI 40
CA1.7 - Interpretar desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable e da cidadanía global os principais desafíos do mundo actual, expresando a importancia de implicarse na procura de solucións e no modo de concretalos desde a súa capacidade de acción tanto local como global, valorando a contribución do Estado, as súas institucións e as asociacións civís en programas e misións dirixidos por organismos nacionais e internacionais para o logro da paz, a seguridade integral, a convivencia social e a cooperación entre os pobos. Entende o papel da ONU e das ONGs no mantemento da paz, a convivencia e a cooperación internacional.
CA3.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles. Realiza unha análise crítica de teorías acientíficas vixentes na sociedade actual.
CA3.4 - Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade. Valora o papel das Nacións Unidas e das institucións estatais e europeas na construcción dun marco pacífico caracterizado polos valores democráticos.
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable. Valora o papel das Nacións Unidas e das institucións estatais e europeas na construcción dun marco pacífico caracterizado polos valores democráticos.
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

O resultado final da aplicación destes criterios de avaliación e cualificación, deberanse ponderar sobre a parte da porcentaxe que representan na programación Proens as unidades didácticas que engloban este REA (unidades 10, 11 e 12).

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados

CA1.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.

1. Actividade grupal sobre densidades de poboación e problemas urbanos: Calcula e investiga (Sección 2.3)

2. Actividade de encher ocos sobre movementos migratorios. (Sección 3.1)

3. Actividade de Verdadeiro/Falso sobre a estrutura da poboación. (Sección 3.1)

4. Deseño e comentario dunha pirámide de poboación: Deseño e comentario dunha pirámide (Sección 3.1)

  1. Solucionario da actividade
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Rúbrica

CA1.2 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.

  1. Actividade de relación sobre problemas urbanos. (Sección 2.2)
  2. Actividade grupal sobre densidades de poboación e problemas urbanos: Calcula e investiga (Sección 2.3)
  3. Actividade de arrastre sobre políticas demográficas. (Sección 3.1)
  4. Actividade despregable sobre mulleres e migracións. (Sección 3.1)
  5. Actividade de arrastre sobre planos urbanos. (Sección 3.2)
  6. Actividade sobre as partes da cidade. (Sección 3.2)
  7. Reto final. (Sección 5)
  8. Actividade para completar espazos sobre medidores da desigualdade. (Sección 3.3)
  9. Actividades de escolla múltiple sobre indicadores das desigualdades. (Sección 3.3)
  1. Retroalimentación
  2. Solucionario da actividade
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación
  5. Retroalimentación
  6. Retroalimentación
  7. Rúbrica do reto
  8. Retroalimentación
  9. Retroalimentación

CA1.3 - Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e analizar a súa transformación pola acción humana.

  1. Actividade grupal sobre densidades de poboación e problemas urbanos: Calcula e investiga. (Sección 2.3)
  2. Actividade de repaso: escolla única. (Sección 2.3)
  3. Actividade de repaso: verdadeiro/falso. (Sección 2.3)
  4. Actividade de arrastre sobre políticas demográficas. (Sección 3.1)
  5. Exercicio sobre distribución espacial da poboación. (Sección 3.1)
  6. Repaso: encher ocos. (Sección 3.1)
  7. Actividade sobre imaxe satélite. (Sección 3.2)
  8. Actividade sobre áreas urbanas no mundo. (Sección 3.2)
  9. Actividade sobre o sistema urbano español e galego. (Sección 3.2)
  10. Escolla múltiple sobre sectores da cidade. (Sección 3.2)
  1. Solucionario da actividade
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación
  5. Retroalimentación
  6. Retroalimentación
  7. Retroalimentación
  8. Solucionario da actividade
  9. Solucionario da actividade
  10. Retroalimentación

CA1.4 - Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección e mellora da contorna.

  1. Verdadeiro/Falso sobre rehabilitación urbana. (Sección 3.2)
  2. Análise de imaxes. (Sección 3.2)
  3. Actividade sobre xestión de problemas urbanos. (Sección 3.2)
  4. Reto final. (Sección 5)
  5. Actividade de relación sobre cooperación. (Sección 3.3)
  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Rúbrica do reto
  5. Retroalimentación

CA1.6 - Coñecer e interpretar comportamentos demográficos, cambios e retos actuais.

1. Encher ocos sobre comportamentos demográficos mundiais. (Sección 2.1)

2. Repaso: encher ocos. (Sección 3.1)

3. Repaso: escolla única. (Sección 3.1)

4. Repaso: verdadeiro/falso. (Sección 3.1)

5. Actividade despregable sobre poboación. (Sección 3.1)

6. Actividade de arrastre sobre características da poboación española e galega. (Sección 3.1)

  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación
  5. Retroalimentación
  6. Retroalimentación

CA1.7 - Interpretar desafíos actuais desde a perspectiva da sustentabilidade e cidadanía global.

1. Despregable sobre cooperación e desigualdades. (Sección 2.3)

2. Encher ocos: repaso. (Sección 2.3)

3. Despregable sobre desigualdades económicas. (Sección 3.3)

4. Escolla múltiple sobre desigualdade. (Sección 3.3)

  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación

CA2.5 - Recoñecer desigualdades sociais en épocas pasadas e grupos discriminados.

1. Actividade de relación sobre políticas demográficas. (Sección 3.1)

2. Exercicio sobre réximes demográficos. (Sección 3.1)

3. Despregable sobre mulleres e migracións. (Sección 3.1)

  1. Retroalimentación
  2. Retroalimentación
  3. Retroalimentación

CA3.1 - Identificar e valorar problemas sociais adoptando unha posición crítica e proactiva.

  1. Actividade sobre problemas urbanos. (Sección 2.2)
  2. Actividade grupal sobre densidades e problemas urbanos: Calcula e investiga (Sección 2.3)
  3. Repaso: escolla única. (Sección 2.3)
  4. Arrastre sobre políticas demográficas. (Sección 3.1)
  5. Distribución espacial da poboación. (Sección 3.1)
  6. Verdadeiro/Falso sobre estrutura da poboación. (Sección 3.1)
  7. Despregable sobre poboación. (Sección 3.1)
  8. Xestión de problemas urbanos. (Sección 3.2)
  9. Despregable sobre desigualdades económicas. (Sección 3.3)
  10. Completar espazos sobre desigualdade. (Sección 3.3)
  1. Retroalimentación
  2. Solucionario da actividade
  3. Retroalimentación
  4. Retroalimentación
  5. Retroalimentación
  6. Retroalimentación
  7. Retroalimentación
  8. Retroalimentación
  9. Retroalimentación
  10. Retroalimentación

CA3.2 - Construír coñecemento relevante mediante investigación, proxectos e resolución de problemas.

  1. Actividade grupal sobre densidades de poboación e problemas urbanos: Calcula e investiga (Sección 2.3)
  2. Deseño e comentario dunha pirámide de poboación: Deseño e comentario dunha pirámide (Sección 3.1)
  3. Tarefa grupal sobre indicadores demográficos: A calcular! (Sección 3.1)
  4. Reto final. (Sección 5)
  1. Solucionario da actividade
  2. Rúbrica
  3. Solucionario da actividade
  4. Rúbrica do reto

CA3.4 - Mostrar actitudes pacíficas e responder de maneira asertiva ante situacións de inxustiza.

  1. Tarefa de investigación sobre cooperación internacional. Tarefa grupal: le e investiga (Sección 3.3)
  2. Actividade de relación sobre cooperación. (Sección 3.3)
  1. Solucionario da actividade
  2. Retroalimentación

CA3.5 - Valorar a diversidade social e cultural e rexeitar actitudes discriminatorias.

  1. Despregable sobre mulleres e migracións. (Sección 3.1)
  2. Esquema sobre movementos migratorios. (Sección 3.1)
  3. Reto final. (Sección 5)
  1. Retroalimentación
  2. Solucionario da actividade
  3. Rúbrica do reto

CA3.7 - Analizar o ciclo vital e os cambios nas necesidades e responsabilidades.

  1. Verdadeiro/Falso sobre estrutura da poboación. (Sección 3.1)
  2. Deseño e comentario dunha pirámide de poboación: Deseño e comentario dunha pirámide (Sección 3.1)
  3. Despregable sobre mulleres e migracións. (Sección 3.1)
  1. Retroalimentación
  2. Rúbrica
  3. Retroalimentación

CA3.8 - Contribuír á construción dun mundo seguro, xusto e sustentable.

  1. Tarefa de investigación sobre cooperación internacional. Tarefa grupal: le e investiga (Sección 3.3)
  2. Actividade de relación sobre cooperación. (Sección 3.3)
  1. Solucionario da actividade
  2. Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)