Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Temporalización prevista en base á programación de Proens.

Táboa na que se relacionan as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. Contacto e acción 1.1 A polo reto! Sesión de motivación e presentación da tarefa. 1 sesión.
2. Vista atrás: a repasar

2.1. Aquí e acolá xente, moita xente.

 

2.2. Escoitando os sons da cidade.

 

2.3. As diferenzas enferman, a colaboración sanda.

Sesións de revisión e activación de coñecementos previo. 3 sesións.
3. Xente, casas e desigualdades

31. Cantos somos? Como somos? Onde estamos?

 

3.2. Xeografía Urbana.

 

3.3. Desigualdades e cooperación.

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre  xeografía da poboación, a xeografía urbana e as desigualdades existentes e como a cooperación pode axudar a corrixilas.   Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva de “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto plantexado na situación de aprendizaxe, nun proceso que fomenta a súa autonomía e capacidade de autoaprendizaxe.

18 sesións.
4. Reto final. Que importante é a orde! Que importante é a orde! Sesións dirixidas á realización do reto proposto, consistente ordenar e relacionar a información con datos  demográfico e urbanos de tres países que presentan grados desiguais de desenvolvemento. Con esta actividade final que o alumnado debe activar e aplicar a situación real os coñecementos adquiridos nas fases previas da unidade. 3 sesións.
5. Case rematado e... que aprendiches? Xa se ve o final. E...aprendiches moito? Sesión dedicada á exposición da aula do produto final por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobra o aprendido. 2 sesións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)