Sobre este REA
O presente REA recolle os contidos das unidades 1 e 4 da proposta de programación de PROENS para a materia de Xeografía e Historia para o 2º curso da ESO. Estes contidos abranguen dende a conquista do reino suevo polo pobo visigodo ata os principais fitos da Alta Idade Media na Península, con especial atención ao reino de Galicia.
O REA segue o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), proporcionando actividades multinivel, adaptadas a diferentes niveis de dificultade, e lecturas facilitadas dos contidos explicados ao longo da unidade.
Os contidos deberán ser empregados na resolución dun reto final no que o alumnado deberá completar un códice inacabado que contén unha crónica dos principais eventos estudados. A avaliación realizarase a través da rúbrica proporcionada, así como a mediante a retroalimentación a partir do Diario de aprendizaxe e das actividades propostas.
O obxectivo último é que a experiencia didáctica sexa motivadora e que o alumnado poda conectar os contidos da unidade coa súa realidade, moi especialmente coa necesidade de aprender do pasado para ter un desenvolvemento sostible e unha sociedade máis xusta e igualitaria.