Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación tomando como referencia a proposta de PROENS.
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (PROENS) |
% (Orientación de PROENS) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA2.4 | Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia. |
|
PE (en PROENS) TI do REA |
1 | 60 |
| CA2.7 | Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social. |
|
|||
| CA1.5 | Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos. |
|
4 | ||
| CA2.4 | Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia. |
|
|||
| CA2.1 | Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas. |
|
TI do REA | 1 | 40 |
| CA2.2 | Utilizar unha secuencia cronolóxica con obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados. |
|
|||
| CA2.3 | Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares. |
|
|||
| CA1.3 | Valorar o grao de sostibilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvoltas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou. |
|
4 | ||
| CA2.1 | Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas. |
|
|||
| CA2.7 | Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social. |
|
|||
| CA3.6 | Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea. |
|
|||
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||