Este REA está baseado na programación didáctica que PROENS propón para a materia de Xeografía e Historia de 2º de E.S.O.
O material recolle contidos do bloque 2, en concreto os das unidades 1 (Os pobos bárbaros) e 4 (A Península Ibérica na Idade Media e o Reino Medieval de Galicia)
| Contidos |
Bloque da materia |
- A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral, cidadá e á convivencia social.
|
Bloque 1 |
- Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.
- Violencia e conflitos armados. O crecemento dos exércitos e a evolución do armamento desde os hoplitas. Os civís durante as guerras.
- A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo medieval e moderno. Evolución da teoría do poder.
- A construción das identidades culturais, da idea de Europa e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte durante a Idade Media e a Idade Moderna. Relacións coa civilización islámica.
- A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social durante a Idade Media e a Idade Moderna.
- España e Galicia no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia da humanidade. O legado histórico e o acervo cultural na formación das identidades colectivas.
- Autoridade e complexidade social durante a Idade Media e a Idade Moderna. Os estamentos.
|
Bloque 2 |
- Cidadanía europea. Ideas e actitudes no proxecto de construción dunha identidade común. A seguridade e a cooperación internacional.
|
Bloque 3 |
Obxectivos da materia traballados especificamente no REA
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX1 |
Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos. |
| OBX3 |
Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable. |
| OBX4 |
Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable. |
| OBX6 |
Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade. |
OBX7
|
Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. |
Competencias clave e os descritores operativos traballados
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia Plurilingüe (CP) |
CP3 |
| Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3 |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL2, CCL3, CCL5 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC1 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC1, CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1 |