Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 12 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de experimentación/creación co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| Fase 1 | Descrición | Presentación | Sesión 1 |
| Fase 2 | Exploración | Coñecementos previos: elementos da linguaxe visual e da composición | Sesión 1 |
| Fase 3 | Conexión | A violencia de xénero | Sesión 2 |
| Fase 3 | Conexión | Linguaxe visual | Sesión 3 e 4 |
| Fase 3 | Conexión | Composición visual | Sesión 5 e 6 |
| Fase 3 | Conexión | Cartelismo | Sesión 7 |
| Fase 4 | Reto final | Creación de carteis | Sesión 8, 9 e 10 |
| Fase 4 | Reto final | Presentación de carteis | Sesión 11 e 12 |
| Fase 5 | Conclusión | Avaliación e reflexión final. | Sesión 12 |