Queres implicArte?
"Queres implicArte?" é un REA (Recurso Educativo Aberto) coa fin de fomentar nos estudantes habilidades e capacidades, tanto cognitivas cómo emocionais, expresando pensamentos e emocións de forma libre e orixinal, estimulando a creatividade e descubrindo o seu propio estilo artístico a través dun reto estimulante. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que traballar en grupo para realizar unha chuvia de ideas, na investigación e preparación de materiais, e nas reflexións críticas finais sobre os resultados do seu traballo. Traballan de forma colaborativa para decidir o tema ou mensaxe que queren transmitir coas diferentes intervencións, tendo en conta o contexto urbán e a cultura local. Investigarán e estudiarán o entorno, planificarán o deseño, tendo en conta o estilo, tamaño, materiais e finalmente unha evaluación e reflexión.
O REA "Queres implicArte?" ten como obxectivos principais (hai que cambialos):
1 - Fomentar a capacidade do alumnado para xerar ideas, sentimentos e opinións a través da arte.
2 - Coñecer e experimentar con diferentes técnicas artísticas e as ferramentas propias de cada técnica, aplicandoas nun contexto urbán.
3 - Fomentar o traballo en equipo e colaborativo mediante o intercambio de ideas a través de diferentes pequenas intervencións artísticas.
4 - Desenvolver unha ollada proactiva e crítica sobre o espazo colectivo, entendendo as diferenzas e matices entre arte e vandalismo.
5 - Desenvolver o sentido estético e a percepción do espacio urbán de forma creativa.
Trátase dunha secuencia de aprendizaxe na que se propón, mediante unha contextualización motivadora conectada coa realidade do alumnado, a superación, de forma cooperativa, dun reto ou dunha problemática mentres se traballan os contidos propios da área.
Ao longo da mesma, e de maneira interdisciplinar, expóñense os coñecementos, destrezas, valores e actitudes mediante un enfoque competencial e abordando os mesmos a través de metodoloxías activas.
As situacións de aprendizaxe do proxecto cREAgal estrutúranse en cinco fases:
- A primeira fase está centrada na motivación do alumnado, a identificación da temática e descrición do reto.
- A segunda fase trata de activar os coñecementos previos do alumnado.
- Na seguinte fase, a terceira, lévase a cabo unha conexión entre as aprendizaxes, habilidades e destrezas que xa posúe o alumnado cas novas aprendizaxes.
- Na cuarta fase, o alumnado desenvolverá o reto proposto poñendo en xogo todo o aprendido.
- Por último, a quinta fase, está reservada para a valoración xeral da actividade, a coavaliación de retos, a propia autoavaliación e a recompilación de propostas de mellora.