Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de dúas unidades didácticas, polo que a suma total dos criterios de avaliación vai ser de 200%.

Cada docente deberá darlle a cada criterio de avaliación o peso que considere, debendo ser a suma total do peso dos criterios para esta situación de aprendizaxe do 100%.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1. Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero. Entender, dun xeito básico, como o feito artístico vén condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. TI 1 20
CA1.2. Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte. Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. TI 1 15
CA1.3. Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero. Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. TI 1 30
CA1.4. Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais. Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. TI 1 20
CA1.5. Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais. Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. TI 1 15
CA2.1. Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas. Valorar as principais linguaxes das producións creativas. TI 2 20
CA2.2. Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes. Experimentar minimamente, para despois elixir os recursos técnicos máis axeitados, co gallo de achegarse aos fins expresivos buscados. TI 2 20
CA2.3. Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito. Crear producións artísticas, dun xeito individual ou colectivo, coas técnicas máis idóneas para mostrar a integración de racionalidade, empatía e sensibilidade. TI 2 20
CA2.4. Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva. Acadar solucións creativas lóxicas a unha premisa, dun xeito individual ou colectivo. TI 2 20
CA2.5. Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias. Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. TI 2 20
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1. Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.

Actividade grupal/ 3.2

"Emparella"/ 3.3

"Identificade esquemas"/ 3.3 (subapartado "Actividades")

"Selecciona"/ 3.4

Rúbricas

Retroalimentación

CA1.2. Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.

Actividade grupal/ 3.2

"Emparella"/ 3.3

"Identificade esquemas"/ 3.3 (subapartado "Actividades")

"Selecciona"/ 3.4

Rúbricas

Retroalimentación

CA1.3. Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.

Actividade grupal/ 3.2

"Emparella"/ 3.3

"Identificade esquemas"/ 3.3 (subapartado "Actividades")

"Selecciona"/ 3.4

Rúbricas

Retroalimentación

CA1.4. Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.

Actividade grupal/ 3.2

"Emparella"/ 3.3

"Identificade esquemas"/ 3.3 (subapartado "Actividades")

"Selecciona"/ 3.4

Rúbricas

Retroalimentación

CA1.5. Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.

"Posta en común"/ 4.3

Guía de observación: Valora o cartel doutros grupos
CA2.1. Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.

"Emparella"/ 3.3
"Identificade esquemas"/ 3.3 (subapartado "Actividades")
"Selecciona"/ 3.4

Rúbricas

Retroalimentación

CA2.2. Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.

"Mans á obra"/ 4.2

Lista de cotexo: obradoiro de cartelismo
CA2.3. Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito. "Mans á obra"/ 4.2 Lista de cotexo: obradoiro de cartelismo
CA2.4. Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva. "Mans á obra"/ 4.2 Lista de cotexo: obradoiro de cartelismo
CA2.5. Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias. "Mans á obra"/ 4.2 Lista de cotexo: obradoiro de cartelismo

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)