Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de  Educación Plástica e Visual  de 1 de ESO. O seu deseño parte da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1  e vixente en xullo de 2024.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse varias unidades didácticas en algúns REA, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa para a área inclúe un total de catro REA que engloban as 9 UD da programación modelo de Proens.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Queres implicArte?" UD1: As distintas manifestacións artísticas.
Valoración da perspectiva de xénero e o
patrimonio. Os xéneros artísticos
UD2: A linguaxe visual e os seus elementos
básicos e de configuración

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4 e CA1.5.

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4 e CA2.5

14% 1º trimestre
REA 2: "ruArte" UD3: Técnicas básicas de expresión gráficoplástica
en dúas dimensión, secas e húmidas
UD4: O volumen como experiencia expresiva
CA3.1, CA3.2, CA3.3,CA3.4 e CA3.5
CA3.1, CA3.2, CA3.3,CA3.4 e CA3.5
22% 1 ºe 2º trimestre
REA 3: "EmbalArte" UD5: Trazados xeométricos básicos e as súas
aplicacións
UD6: Os sistemas de representación. Vistas
diédricas

CA3.1, CA3.2, CA3.4 e CA3.5

CA3.1, CA3.2, CA3.4 e CA3.5

28% 1º, 2º e 3º   trimestre
REA 4: "O cómic para expresArte""
UD7:  A linguaxe visual e as súas funcións e
tipoloxías
UD8:  O cómic
UD9:  A fotografía

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6
CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6
CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5 e CA4.6
36% 2º e 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Plástica e Visual fundaméntase na adquisición dunha serie de destrezas manuais pero tamén intelectivas mediante unha serie de procesos que contribúan non só á aprendizaxe de "saber facer" senón tamén a "saber ver", fronte á idea de que o obxectivo esencial do noso ámbito é que o alumnado aprenda a debuxar, esta materia desenvolve ante todo unha mirada analítica, crítica e creativa que enriqueza non só a súa sensibilidade cara á arte, senón cara a todo tipo de experiencias cotiás.

O currículo actual incide na necesidade de traballar o sentido estético e analítico ante calquera fenómeno plástico, pero propón incorporar ás dinámicas de traballo asuntos transversais como o coñecemento e posta en valor do patrimonio local, a responsabilidade ecolóxica e social, a innovación e o traballo en equipo. E ante todo, fomentar a innovación e a experimentación como actitudes esenciais nun mundo tan cambiante como o actual. Dado que as nosas ferramentas de traballo cambian e evolucionan constantemente, é crucial manter sempre viva a capacidade de ideación para utilizar a tecnoloxía como aliada para resolver novas problemáticas ou desafíos.

Este REA busca articular esta gama tan ampla de obxectivos establecendo unha secuencia de traballo que empeza pola análise do problema ao que se enfrontan, continúa co estudo de casos similares que poidan servir de inspiración, a aprendizaxe das técnicas que nos poden ser útiles para a resolución do reto, e finalmente a materialización das solucións atopadas.

O pedagogo John Dewey propoñía a experiencia inmediata do alumno como un elemento fundamental para estimular o seu interese e implicación na aprendizaxe, e seguindo ese principio este REA traballa sobre a contorna cotiá do estudante como marco de traballo sobre o que despregar o aprendido. Intégranse así aspectos afectivos, psicomotrices, de conciencia cívica e de aprendizaxe teórica-práctico no que os contidos e obxectivos do currículo orbiten sobre a súa experiencia cotiá.

A situación de aprendizaxe está conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 4 - Educación de calidade: busca garantir unha aprendizaxe inclusiva e significativa, promovendo competencias científicas e tecnolóxicas que fortalecen o coñecemento práctico e teórico.

ODS 9 - Industria, innovación e infraestruturas: Inclúe aspectos como as intervencións artísticas a realizar para mellorar espazos deteriorados, fomentando a innovación e as habilidades artísticas.

ODS 17 - Alianzas para acadar os obxectivos: o uso de recursos educativos abertos fomenta a colaboración entre educadores e comunidades para un ensino mellor e accesible.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 3: "Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións, secas e húmidas", e coa número 4: "O volume como experiencia expresiva", que se corresponden coas da programación modelo de 1º de ESO proposta para a área de Educación Plástica e Visual na aplicación PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións. Técnicas secas e húmidas. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
  • Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en tres dimensións. O seu uso na arte e as súas características expresivas.

Bloque 3

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 4
Explorar as técnicas, as linguaxes e as intencións de diferentes producións culturais e artísticas, analizando, de forma aberta e respectuosa tanto o proceso como o produto final, a súa recepción e o seu contexto, para descubrir as posibilidades que ofrecen como fonte xeradora de ideas e respostas.
OBX 5 Realizar producións artísticas individuais ou colectivas con creatividade e imaxinación, seleccionando e aplicando ferramentas, técnicas e soportes en función da intencionalidade, para expresar a visión do mundo, as emocións e os sentimentos propios, así como para mellorar a capacidade de comunicación e desenvolver a reflexión crítica e a autoconfianza.
OBX 7 Aplicar as técnicas, os recursos e as convencións principais das linguaxes artísticas, incorporando de forma creativa as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías, para integralas e enriquecer o deseño e a realización dun proxecto artístico.
OBX 8 Compartir producións e manifestacións artísticas, adaptando o proxecto á intención e ás características do público destinatario, para valorar distintas oportunidades de desenvolvemento persoal.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL CCL1, CCL2 e CCL3
CP CP3
STEM STEM2 e STEM3
CD CD1, CD2, CD3 e CD5
CPSAA CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5
CC CC1 e CC3
CE CE3
CCEC CCEC2, CCEC3 e CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)