Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).

Hai que ter en conta que esta situación de aprendizaxe abarca un total de dúas unidades didácticas, polo que a suma total dos criterios de avaliación vai ser de 200%.

Cada docente deberá darlle a cada criterio de avaliación o peso que considere, debendo ser a suma total do peso dos criterios para esta situación de aprendizaxe do 100%.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA3.1. Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia. Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. TI 3 15%
4 15%
CA3.2. Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica. Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. TI 3 20%
4 20%
CA3.3. Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas. Amosar un mínimo de iniciativa ao experimentar coas distintas técnicas e linguaxes expresivas para xerar mensaxes propias. TI 3 20%
4 20%
CA3.4. Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva. Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. TI 3 25%
4 20%
CA3.5. Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar. Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. TI 3 20%
4 20%
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Táboa na que se concretan as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA3.1. Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.

Fase 3: apartado 3.2. Arte urbana: muralismo e graffiti.

Retroalimentación
CA3.2. Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.

Fase 3: apartado 3.3. Técnicas secas, 3.4. Técnicas húmidas e 3.5. Abocetado de ideas.

Fase 4: apartado 4.1. Creación e refinamento.

Rúbrica de avaliación do profesorado
CA3.3. Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.

Fase 2: apartado 2.2. ManchArte.

Fase 3: apartado 3.3. Técnicas secas e 3.4. Técnicas húmidas.

Rúbrica de avaliación do profesorado
CA3.4. Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.

Fase 3: apartado 3.5. Abocetado de ideas.

Fase 4: apartado 4.1. Creación e refinamento. 

Rúbrica de avaliación do profesorado
CA3.5. Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.

Fase 4: apartado 4.2. RuArte.

Fase 5: apartado 5.1. Repasando todo.

Lista de cotexo da vosa intervención

Rúbrica de avaliación do profesorado

Rúbricas traballo en equipo e traballo individual

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)