Saltar navegación

1. Descrición xeral

rúArte

"rúArte" é un REA (Recurso Educativo Aberto) coa fin de fomentar nos estudantes habilidades e capacidades, tanto cognitivo como emocionais, expresando pensamentos e emocións de forma libre e orixinal, estimulando a creatividade e descubrindo o seu propio estilo artístico a través dun reto estimulante. Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que traballar en grupo para realizar unha chuvia de ideas, na investigación e preparación de materiais, e nas reflexións críticas finais sobre os resultados. Traballarán de forma colaborativa para decidir o tema ou mensaxe que queren transmitir coas diferentes intervencións, tendo en conta o contexto urbano e a cultura local. Investigarán e estudarán o entorno, planificarán o deseño, tendo en conta o estilo, tamaño, materiais e finalmente realizarase unha avaliación e reflexión. 

O REA "rúArte" ten como obxectivos principais:

1 - Fomentar a capacidade do alumnado para xerar ideas, sentimentos e opinións a través da arte.

2 - Coñecer e experimentar con diferentes técnicas artísticas e as ferramentas propias de cada técnica, aplicándoas nun contexto urbano.

3 - Fomentar o traballo en equipo e colaborativo mediante o intercambio de ideas a través de diferentes pequenas intervencións artísticas.

4 - Desenvolver unha ollada proactiva e crítica sobre o espazo colectivo, entendendo as diferenzas e matices entre arte e vandalismo.

5 - Potenciar o sentido artístico e a percepción do espazo urbano de forma creativa.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)