Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica de Matemáticas para 2.º de ESO baséase nas seguintes liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 2.º da ESO (curso 25-26), contextualízase nas unidades didácticas 12. "Corpos xeométricos" e 13."Matemáticas para a vida en sociedade".

O recurso englóbanse fundamentalmente nos  bloques de contidos 2. "Sentido da medida", 3. "Sentido espacial" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C2.1 Magnitude.
    • C2.1.1 Elección das unidades e operacións adecuadas en problemas que impliquen medida.
    • C2.1.2 Estimación de medidas coa precisión adecuada a cada situación.
  • C2.2 - Medición.
    • C2.2.1 - Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter áreas, volumes e capacidades en formas tridimensionais.
    • C2.2.2 - Uso de representacións planas de obxectos tridimensionais para visualizar e resolver problemas.
Bloque 2
  • C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.
    • C3.1.1 - Descrición e clasificación de figuras xeométricas planas e tridimensionais en función das súas propiedades ou características.
    • C3.1.2 - Identificación da relación pitagórica e o seu uso no cálculo de medidas en figuras planas e tridimensionais.
    • C3.1.5 - Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada etc.
Bloque 3
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
Bloque 6

Obxectivos Descrición
OBX 4 Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos interconectando conceptos e procedementos para desenvolver unha visión das matemáticas como un todo integrado.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 7 Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP1, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)