Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 12 sesións, e proponse impartila no terceiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Corpos xeométricos" (11 sesións), e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición da situación de aprendizaxe: 1. Vigilantes del mar |
1. Vigilantes del mar 1.1. Aviso a navegantes 1.2. La geometría del faro |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: construción da maqueta dun faro. Descríbese a formación de equipos, o reto, e a importancia dos faros. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos): 2. Sobre roca firme |
2. Sobre roca firme 2.1. Ecos del faro 2.2. La luz renovada |
Sesións para conectar cos coñecementos previos. Faise un repaso dos diferentes corpos xeométricos identificándoos en diferentes faros da costa galega e propoñendo a súa construción con GeoGebra e/ou cartolina. Introdúcense os primeiros problemas contextualizados no Faro de Cabo Vilán para o cálculo de áreas de figuras planas. Tamén inclúe un repaso do Teorema de Pitágoras. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
|
Conexión: 3. La estructura del faro |
3. La estructura del faro 3.1. Reflejo geométrico 3.2. Las aristas de la estabilidad Cubicando 3.3. El vértice del pasado Triangulando 3.4. Curvas en la niebla De cántaras a cubos 3.5. El haz que guía 3.6. La cúpula protectora |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos: - Identificación de corpos xeométricos e o seu deseño con GeoGebra e de forma manipulativa. - Definicións de poliedros, prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas. - Cálculo de áreas e volumes dos diferentes corpos xeométricos. - Aplicacións do teorema de Pitágoras. Estas actividades fomentan a modelización dos faros con corpos xeométricos, unha premisa para a realización do reto final: a construción da maqueta dun faro. Contén unha actividade grupal para desenvolver nunha sesión: "Una linterna en equipo". Ademáis, invita a reflexión sobre o proceso de aprendizaxe no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal, reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
7 sesións |
|
Reto final: 4. Y al final, ¡el Faro! |
4. Y al final, ¡el Faro! |
Proponse unha sesión para elaborar a maqueta do faro tendo en conta os requisitos que debe cumprir. Contén reflexións para anotar no diario de aprendizaxe de forma individual e grupal reforzando así a súa comprensión e a capacidade para aplicar as estratexias necesarias no reto final. |
1 sesión |
|
Conclusión e avaliación: 5. El legado de los Vigilantes del mar |
5. El legado de los Vigilantes del mar |
Sesión vinculada á exposición da maqueta realizada e a explicación do proceso levado a cabo por cada un dos grupos da aula. Auto-reflexión, individual e en equipo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de equipos e do tempo que se dea a cada un deles. Última reflexión no diario de aprendizaxe sobre o traballo desenvolvido durante todo o REA. |
1 sesión |