Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, cuns pequenos cambios que non afectan aos elementos principais da mesma. O obxectivo dos cambios propostos é que a UD 7 recolla o tema do debate e a UD 8 o da entrevista e non aparezan mesturados nestas dúas unidades. Facilítase así a organización dos contidos de lingua no referido a tipos de textos (argumentativos e expositivos de tipo periodístico respectivamente) e expresión e comprensión oral.

Cada REA se corresponde cunha unidade didáctica, afectando estes cambios aos mínimos de consecución das unidades 7 e 8 de Proens.

Cambios na UD 7:

Criterios de avaliación da UD7 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas, escoitando as intervencións dos demáis.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Cambios na UD 8:

Criterios de avaliación da UD8 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel.

Escoita as opinións dos demais no debate, argumentando a súa propia en función daquelas.

Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía.

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Nas entrevistas demostra respecto polas persoas entrevistadas, facendo as preguntas con cortesía e escoitando as respostas con atención.

CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante.

Redacta en procesador de textos resumo de debate, no que expresa as opinións enfrontadas e a conclusión final.

Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas.

Estes cambios afectarían tamén a descrición inicial proposta en Proens para cada unha destas unidades (7 e 8):

  Descrición en Proens Cambio

UD7

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Xogo de roles e asimilación da postura contraria. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

UD8

O debate: xogo de roles e asimilación da postura contraria. A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

Este REA09 "¡No te lo vas a creer!" é un REA para o 3º trimestre, que traballa os contidos da UD9 de Proens, deseñado para desenvolver en 16 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: Acariciando palabras

UD1: Por fin somos os maiores!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10%

1ºT- 16 sesións

REA02: Activa modo diversiÓN

UD2: Escrito queda mellor

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10%

1º T- 16 sesións

REA03: Abriendo puertas

UD3: Aprendo e me emociono coa palabra

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8,  CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10%

1º T- 16 sesións

REA04: ¡Asómbrate!

UD4: Contos e novelas

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA05: Poemas en el tejado

UD5: A linguaxe poética

CA2.3, CA3.4, CA4.5. CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA06: cREAndo criaturas

UD6: Quen me coñece mellor?

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

11%

2º T- 16 sesións

REA07: Pero ¡qué animal!

UD7: Vivimos en democracia

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA08: De boca cerrada, no salen preguntas

UD8: Comprendo a túa opinión

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA09: ¡No te lo vas a creer!

UD9: A comunicación no mundo dixital

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10,  CA4.4, CA6.6

13%

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

A proposta didáctica, centrada na noticia e na creación dun telexornal que teña como tema central, noticias positivas que acontecen na contorna ou a outros niveis, estrutúrase en distintos eixes de aprendizaxe. A través deles, o alumnado adquirirá diversas habilidades e coñecementos que o conducirán ao desenvolvemento das competencias clave.

Lectura e análise de noticias en diversos formatos, no que o alumnado terá que:

  • Identificar as características da noticia (veracidade, obxectividade, claridade na linguaxe e uso de fontes fiables) e a súa estrutura específica (titular, entradilla, corpo e peche) así como a premisa das 5W.
  • Comprender o propósito e as funcións que teñen as noticias
  • Coñecer as diferentes formas de difusión dunha noticia.

Comprensión de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Desenvolver habilidades para comprender textos de diversa índole, inferir significados e recoñecer detalles.
  • Aprender a extraer a información principal dunha noticia usando técnicas de lectura rápida, palabras chave, etc.
  • Comprender o que están lendo en relación ao REA á hora de poder realizar reflexións, exercicios concretos que se lles solicita, etc.

Produción de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Preparar as noticias a partir das estruturas proporcionadas pola persoa titora.
  • Desenvolver habilidades na estruturación da súa noticia, atendendo ás partes e ás 5W.
  • Fomento da creatividade á hora de deseñar a noticia para que resulte chamativa ao público.

Comprensión de textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Extraer información para a realización do traballo que corresponda.
  • Analizar e practicar escoita activa para sintetizar e inferir as ideas principais dos textos.

Producir textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Aprender técnicas de exposición oral á hora de realizar o telexornal.
  • Practicar a dicción, entoación e a fluidez, previas á hora de realizar a gravación.
  • Traballar en equipo de forma cooperada para obter o produto final.

Produción de contidos audiovisuais e uso de ferramentas TIC, na que o alumnado terá que:

  • Aprender como se utilizan os diferentes recursos informáticos á súa disposición
  • Aprender o manexo básico dun editor de vídeo para a montaxe da noticia e o telexornal.
  • Saber buscar material con licenzas libres para o programa, de tal forma que se respecten os dereitos de autor.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de PROENS para a área de "Lingua Castelá e Literatura" de 6º de Educación Primaria, contextualízase na unidade didáctica número 9 que leva por nome "A comunicación no mundo dixital". 
O recurso englóbase principalmente nos bloques:

  • Bloque 2. Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación axeitadas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua. 
  • Bloque 3. Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais suporá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitiranlle ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
  • Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa busca, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Proponse un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e busca de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de xeito persoal e creativo, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.
  • Bloque 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas a produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significadoentre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitarlle e permitirlle ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para acadar unha competencia comunicativa integrada.

Contidos

Bloque da materia

  • Contexto
    – Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación oral.
  • Xéneros discursivos
    – Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
    – Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral
    en distintas situacións.
    – Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • Procesos: interacción oral
    – Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas.
    – Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias
    de cortesía lingüística.
    – Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
    – Estratexias de escoita activa, asertividade e proposta de solución creativa para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria, con propostas propias e tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Procesos: comprensión oral
    – Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    – Estratexias de identificación e interpretación do sentido global, da información relevante e da integración da
    información explícita e a realización de inferencias para superar o sentido literal de textos sociais orais e multimodais.
    – Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
  • Procesos: produción oral.
    – Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu intereses e gustos.
    – Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.
    – Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
Bloque 2
  • Contexto
    – Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación escrita.
  • Xéneros discursivos
    – Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e
    forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía).
    – Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos.
    – Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario, así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.
    – Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
  • Procesos: comprensión lectora
    – Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e
    de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos.
    – Estratexias de uso progresivamente autónomo de recursos lingüísticos diversos, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión de textos.
    – Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización desta como fonte de información e lecer.
    – Estratexias para detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica en textos escritos.
  • Procesos: produción escrita
    – Elaboración de textos, con presentación coidada con intención comunicativa e creatividade.
    – Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais complexos, con distintos propósitos comunicativos.
    – Aplicación das normas ortográficas e cohesión do texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.
    – Uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita.
    – Valoración da propia produción escrita, así como a produción escrita dos compañeiros e compañeiras.
    – Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
Bloque 3
  • Estratexias para a procura de información en fontes documentais e dixitais no contorno familiar e social.
  • Estratexias de comparación, clasificación e valoración crítica da información.
  • Síntese e reelaboración de coñecementos de forma progresivamente autónoma e con apoio de modelos.
  • Comunicación creativa do coñecemento, con recoñecemento da autoría e respecto pola propiedade intelectual.
  • Utilización autónoma da biblioteca e os recursos dixitais da aula ou do centro.
  • Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
Bloque 4
  • Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do seu ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.
  • Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
  • Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
  • Mecanismos léxicos elementais para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
  • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa
Bloque 6

No que respecta aos obxectivos, este recurso céntrase nos seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

OBX10

Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP2, CP3

Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2, CC3,

Competencia emprendedora (CE)

CE1, CE3

Competencia en conciencia y expresiones culturales (CEEC)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)