Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. La ruta de las palabras

1.1. Misión: buenas noticias

1.2. Nuestras metas

1.3. De la cueva al papel

1.4. Diario de aprendizaje

Preténdese captar a atención do alumnado mediante o xogo tradicional do "Teléfono estropeado" para comezar a reflexionar como viaxa a información dunhas persoas a outras. 

Nesta fase o alumnado, dividido en grupos, coñecerá o produto final que deben presentar, e os seus obxectivos. O alumnado debe crear unha noticia feliz en formato audiovisual coma se dun telexornal se tratase.
Rematarán cun percorrido pola historia sobre os primeiros medios de comunicación, dende os sinais de fume ata as cartas. 

1 sesión

2. Cuando la voz llegó lejos

2.1. ¿Qué sabes de los medios?

2.2. Buscando la exclusiva

2.3. Palabras que no cambian y palabras que se unen

2.4. Redacción en la sala de noticias

2.5.Diario de aprendizaje

O alumnado comeza cunha enquisa sobre o modo no que utiliza os medios de comunicación. 
Así mesmo, o alumnado comezará coa activación de coñecementos previos tanto dos medios de comunicación como das categorías gramaticais e palabras compostas. 
Nesta fase deciden a temática da súa noticia para posteriormente redactala.

3 sesións

3. Del papel al pixel

3.1. Entre letras y titulares

3.2. Historias que se escuchan y se ven

3.3. Organizando el rodaje

3.4. Comunicación en tiempo real

3.5. Sin cambio, con sentido

3.6. Cuando varias son una

3.7. Pulimos el discurso

3.8. Diario de aprendizaje

Comezan a fase coa comprensión de como se escribe a noticia e as súas partes. 

Analízanse os medios de comunicación dende a prensa escrita, pasando pola oral ata chegar ás redes sociais. 

Continuarán coa aprendizaxe gramatical sobre as palabras invariables, concretamente as conxuncións, preposicións e adverbios. Continúan coas palabras compostas e a súa ortografía.  

Nesta fase, planificarán todo o necesario para o desenvolvemento do reto en canto a organización, distribución de roles ou elección de espazos.

6 sesións

4. Crónicas para la esperanza

4.1. ¡Luces, cámara, acción!

4.2. La sala de edición

4.3. Evaluamos nuestro reto

4.4. Diario de aprendizaje

Esta fase, está centrada en levar a cabo o proceso de gravación, edición e montaxe do reto planeado neste REA.
Ofrécense pautas e modelos tanto para a edición do proxecto audiovisual.
Rematarán a fase cunha autoavaliación na que reflexionarán sobre a súa implicación dentro do traballo grupal.

5 sesións

5. El eco de nuestras voces

5.1. El reto a examen

5.2. Semáforo

5.3. Rúbrica

5.4. Diario de aprendizaje

Tras finalizar o reto, o alumnado realizará unha reflexión do aprendido nas distintas fases, cubrindo unha lista de control en relación ao traballo do seu grupo, así como tamén dos demais grupos.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)