Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Sin mapa, pero con rumbo

1.1. Ellas

1.2. Nuestras metas

1.3. ¿Quién?

1.4. Investigamos

1.5. Diario de aprendizaje

Preténdese captar a atención do alumnado mediante o visionado dun breve vídeo para unha posterior reflexión do mesmo.A reflexión ten como obxectivo analizar a loita pola mellora dos dereitos das mulleres ao longo da historia, así como invitar a pensar sobre como cambiou a situación da muller comparando o estilo de vida entre unha avoa e a súa neta. Á súa vez, tamén se plantexa a importancia de por que se celebra o 8M na actualidade.
Nesta fase o alumnado, dividido en grupos, coñecerá o produto final que deben presentar, e os seus obxectivos. O alumnado debe entrevistar a mulleres da súa contorna para homenaxealas cun mural.
Continuarán cunha actividade na biblioteca escolar, centrada en aprender a localizar libros dentro deste espazo. Aquí aprovéitase para buscar libros sobre mulleres e así se familiaricen con textos biográficos.
O primeiro paso para este produto final consiste en que escollan a muller que será entrevistada polo grupo.

1 sesión

2. Las primeras gotas antes de la tormenta

2.1. Llovizna

2.2. Chubasco

2.3. Tormenta de preguntas

2.4. Diario de aprendizaje

O alumnado comeza a fase cunha posta en práctica sobre a produción de preguntas. Trátase de que enfoquen o tipo de preguntas en relación á temática proposta.
Así mesmo, o alumnado comezará coa activación de coñecementos previos tanto da entrevista, coa lectura e análise da entrevista “Una pionera de la ciencia marina”.
Tamén recordarán contidos relacionados coas categorías gramaticais, o uso de G/J e os aumentativos e diminutivos.
Rematarán a fase, escribindo a lista de preguntas que levarán a cabo na entrevista do produto final.

2 sesións

3. A palabras valientes, oídos atentos

3.1. Superando barreras

3.2. En primera persona

3.3. Preguntando que es gerundio

3.4. Palabritas de gigantas

3.5. Puesta a punto

3.6. Diario de aprendizaje

Comezan a fase coa comprensión dun texto sobre Emilia Pardo Bazán, para traballar a revisión dun texto tendo en conta o léxico e a ortografía.

Inclúese a aprendizaxe dos tipos e as partes dunha entrevista, rematando cunha maior profundización na tipoloxía biográfica recuperando a entrevista “Una pionera de la ciencia marina”. Tamén deberán analizar todos os elementos da entrevista a Marta Pérez en formato audiovisual.

Afondarán nos obxectivos e características dunha entrevista biográfica, que poñerán en práctica concordando preguntas e respostas.

Así mesmo, mediante un texto sobre Marie Curie, deberán analizar a importancia do uso dunha linguaxe inclusiva.

Continuarán coa aprendizaxe gramatical sobre o verbo, a ortografía coas normas de uso do G/J e o enriquecemento léxico cos aumentativos e diminutivos.

Rematarán a fase, realizando a entrevista a esa muller escollida na fase 1.

6 sesións

4. Quien abre camino deja huella

4.1. Un desorden ordenado

4.2. Impresionad con vuestro trabajo

4.3. Nuestros logros

4.4. Diario de aprendizaje

Esta fase, está centrada en recompilar as entrevistas realizadas para plasmalas no mural, e por conseguinte rematar o reto proposto neste REA.
Ofrécense pautas e modelos tanto para a construción do mural como a exposición oral do mesmo.
Rematarán a fase cunha autoavaliación na que reflexionarán sobre a súa implicación dentro do traballo grupal.

5 sesións

5. No nos lo contaron, lo descubrimos

5.1. Semáforo

5.2. El reto a examen

5.3. Rúbrica

5.4. Diario de aprendizaje

Tras finalizar o reto, o alumnado realizará unha reflexión do aprendido nas distintas fases, cubrindo unha lista de control en relación ao traballo do seu grupo, así como tamén dos demais grupos.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)