Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel. |
Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía. |
TI |
8 |
10 |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación. |
TI |
8 |
10 |
|
CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal acompañada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero. |
Recoñece elementos de linguaxe discriminatoria nun texto escrito, e redacta de maneira alternativa. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 |
|
CA2.8 - Mobilizar, coa planificación e acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos, propondo solucións creativas. |
Demostra capacidade de consensuar solucións en situacións de conflito. |
TI |
8 |
10 |
|
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante. |
Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 |
|
CA3.8 - Utilizar as bibliotecas da aula e do centro e as virtuais, cada vez con máis autonomía, comprendendo como se organizan e colaborando no seu coidado. Interesarse por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais. |
Localiza información necesaria na biblioteca e en internet para documentarse sobre algunha persoa coa intención de entrevistala. |
TI |
8 |
10 |
|
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. |
Redacta sobre un problema social, expresando opinión propia e respecto pola diversidade. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 |
|
CA3.11 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión individual e grupal sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero. |
Identifica no mundo da publicidade gráfica situacións de prexuízos e discriminación dende a perspectiva de xénero. |
TI |
8 |
10 |
|
CA6.5 - Mellorar os textos propios e alleos na súa comprensión mediante o uso autónomo de dicionarios impresos ou dixitais. |
Reelaborar para facer máis comprensible, e con axuda de dicionario, textos propostos, extraídos de informacións de carácter técnico. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Corrixir textos breves para evitar discriminación na perspectiva de xénero e acadar correcta ortografía. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 |
|
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores |
||||