Saltar navegación

1. Descrición xeral

De boca cerrada, no salen preguntas

Este Recurso Educativo Aberto (REA) corresponde á unidade 8 da materia de Lingua Castelá e Literatura (unidades modelo en PROENS) e garda unha conexión transversal coa unidade 7 de Ciencias Sociais, titulada "Dende a Revolución Francesa ata hoxe", así como coa unidade 4 de Educación en Valores Cívicos e Éticos “Todas as persoas somos iguais”.
Este REA está pensado para que o alumnado combine o coñecemento teórico cunha aprendizaxe práctica centrada na entrevista. Dentro da situación de aprendizaxe proposta, o alumnado deberá gravar e expoñer unha entrevista a unha muller pioneira da súa contorna. Durante este proceso, explorarán distintos tipos de entrevistas, repasarán as categorías gramaticais e aprenderán a empregar correctamente os verbos para mellorar a súa redacción. Ademais, traballarán cos diminutivos e aumentativos, así como co uso adecuado das letras "j" e "g".

O desenvolvemento deste REA fomenta tanto o traballo individual como o traballo en grupo, promovendo as relacións interpersoais respectuosas, a escoita activa, a capacidade de consenso e a tolerancia.

As metas de aprendizaxe son:

  • Comprender o concepto de entrevista: identificar que é unha entrevista e o seu propósito en diferentes contextos.
  • Analizar os elementos fundamentais dunha entrevista (persoa entrevistadora, persoa entrevistada, preguntas, respostas).
  • Desenvolver habilidades de comunicación efectiva: mellorar as habilidades de escoita activa para poder realizar preguntas adecuadas e comprender as respostas da persoa entrevistada.
  • Aprender a estruturar preguntas claras e precisas para obter a información desexada.
  • Coñecer os tipos de entrevistas.
  • Preparación e planificación dunha entrevista: desenvolver a habilidade para preparar unha entrevista, incluíndo a selección de preguntas e a investigación previa sobre o tema ou a persoa que será entrevistada.
  • Empregar unha linguaxe non discriminatoria e respectuoso coas diferenzas.
  • Usar os verbos no tempo, o modo e forma adecuado.
  • Utilizar a biblioteca escolar como recurso para a procura efectiva de información.
  • Palabras con g/j.
  • Valorar a produción oral e escrita propia e dos demais compañeiros e compañeiras.
  • Uso dos aumentativos e diminutivos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)