As aparencias enganan
Este REA está deseñado para que o alumnado poida traballar dende o primeiro momento dun xeito significativo empregando coñecementos que xa ten adquiridos e conectándoos con outros novos que irá engadindo ao longo das diferentes fases. O enfoque desta situación de aprendizaxe é principalmente práctico e baseado na análise de alimentos reais presentes no seu día a día.
Ao longo de diferentes actividades o alumnado terá que poñer a proba, empregando técnicas científicas, os conceptos que se lles presentan como a análise das táboas nutricionais nas etiquetas dos alimentos, a distribución diaria e semanal dos alimentos nunha dieta equilibrada, os aparatos e sistemas involucrados na función de nutrición, o impacto da industria alimentaria no medio ambiente... para conseguir que o alumnado non so asimile a teoría senón que comprenda grazas a manipulación e vivencia. Por iso é moi importante respectar este tipo de actividades antes de acometer a realización do produto, xa que este andamiaxe previo axudará a superar o reto de xeito máis eficiente.
Cabe destacar no REA a importancia que ten o traballo en equipo como fonte de diversidade e creatividade para crear o produto que se utilizará para concienciar aos consumidores dos alimentos que consumen nas merendas. Este produto será resultado de xuntar as ideas e achegas de todas as persoas integrantes. Entendendo que, aínda que o traballo en equipo e máis lento que o individual, e moito máis enriquecedor e inclusivo. Ao longo do REA tamén haberá momentos para traballar de xeito individual, con actividades multinivel onde cada persoa alumna poña a probas as súas habilidades.