Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está elaborada para desenvolverse nun total de 12 sesións didácticas. Para o seu deseño estableceuse como base a programación de PROENS, polo que concorda coa mesma na súa temporalización. 

A continuación figura unha proposta de temporalización que poderá ser adaptada por cada docente segundo conveña, tendo en conta o ritmo e a diversidade do alumnado para así levar a cabo unha intervención individualizada e que respecte as súas características.

Na táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe proposta co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
  • FASE 1: Evita o cambio

1.1. Verdade ou mito

1.2. O reto

1.3. Obxectivos

  • Introdución á historia de Brancaneves. Análise da loiada dos alimentos con fariña de insectos.
  • Presentación do reto a desenvolver.
  • Concreción dos obxectivos que se pretenden acadar.

Sesión 1 

Aula ordinaria

1.4. O noso plan de acción

1.5. Diario de aprendizaxe

  • Resumo das tarefas que se deben levar a cabo ao longo do REA.
  • Presentación e elaboración do diario de aprendizaxe.

Sesión 2 

Aula ordinaria

  • FASE 2: Recorda e comparte

2.1. Canto sabes da alimentación?

2.2. Formación de equipos

Nesta sesión estarán relacionados coa alimentación e traballaranse a través de:
- Tarefas en grupo:

  • Repartir imaxes dos alimentos segundo o impacto para a saúde.
  • Creación de equipos segundo grupo de alimentos.
  • Cubrir ficha de equipo.

Sesión 3

Aula ordinaria

2.3. Déixaste enganar polos alimentos?

2.4. Diario de aprendizaxe

    Continuamos refrescando coñecementos previos, nesta relacionados coa saúde e o consumo de determinados alimentos.

    - Tarefas individuais:

    • Realización das actividades interactivas propostas.
    • Actividade de clasificar as partes dos aparatos e sistemas.

    - Tarefas en grupo:

    • Reflexión sobre alimentarse e nutrirse.
    • Folio xiratorio sobre as partes dos aparatos e sistemas involucrados na nutrición.
    • Cubrir o diario de aprendizaxe.

    Sesión 4

     Aula ordinaria

    • FASE 3: Somos o que comemos.

    3.1. A nutrición e o teu corpo

    • Explicación das partes e función dos diferentes aparatos e sistemas.
    • Actividades multinivel.

    Sesión 5

    Aula ordinaria

    3.2. Os nutrientes e a súa función

    • Explicación da función dos alimentos.
    • Explicación dos nutrientes, os seus tipos e os grupos dos alimentos.
    • Reflexión en gran grupo sobre as lambetadas
    • Actividade Que se come no cole? Imos facer fotos no momento da merenda.
    • Escollemos un alimento para analizar.

    Sesión 6

    Aula ordinaria

    3.3. A dieta equilibrada

    • Explicación da teoría sobre a pirámide alimenticia e o prato nutricional.
    • As etiquetas dos alimentos.
    • Actividade física e alimentación.
      • Propoñemos mini-reto de programar microbit contador de pasos.
    • Problemas relacionados cunha mala dieta.
    • Seguimos analizando o alimento.

    Sesión 7

    Aula ordinaria

    3.4. Os alimentos procesados e o seu impacto

    • Tipos de alimentos segundo o seu procesado.
    • A cantidade de azucre.
      • Experimento: Cantidade de azucre.
    • Visita a páxina sinazucar.org
    • Ultraprocesados e medioambiente.
    • Seguimos analizando o alimento.
    • Completan o diario de aprendizaxe.

    Sesión 8

    Aula ordinaria

    • FASE 4: Entérate do que comes!

    4.1. Que se come no cole?

    • Crea un produto saudable:
      • Recopilamos os datos sobre o alimento.
      • Seguimos a lista de cotexo.
    • Empezamos a facer o produto

    Sesión 9

    Aula ordinaria

    4.2. Pensamento de deseño

    • Elaboramos o noso produto.
    • Para rematar completarán o diario de aprendizaxe.

    Sesión 10

    Aula ordinaria

    • FASE 5: Conclusións

    5.1. Exposición, coavaliación e reflexión

    5.2. O traballo en equipo

    5.3. Valoro o meu traballo

    5.4. Diario de aprendizaxe

    Distribuirase a exposición e avaliación do reto en dúas sesións.

    • Na primeira comezarán coas exposicións dos prototipos e posterior coavaliación entre os equipos, o cal durará unha sesión e media aproximadamente.
    • Posteriormente, na sesión restante, realizarán a reflexión final en asemblea de todo o grupo.
    • Cubrirán a avaliación individual e do equipo.
    • Por último rematarán o diario de aprendizaxe.

    Sesión 11-12

    Aula ordinaria

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)