Criterios de avaliación e mínimos de consecución
A continuación móstrase a distribución de criterios de avaliación, mínimo de consecución, tipo de instrumento e o peso (%) que para cada unha das unidades se corresponden na proposta de PROENS e que se traballan nesta situación de aprendizaxe.
Neste caso, ao abordar dúas unidades no REA proposto, débese revisar e comprobar ca vosa programación o peso final na avaliación que se terá en conta
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. |
Formular preguntas e realizar predicións razoadas a través da observación. |
TI |
UD 3: |
5% |
|
CA1.2 - Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural. |
Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. |
TI |
UD 3: |
5% |
|
CA1.3 - Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. |
Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. |
TI |
UD 3: |
10% |
|
CA1.4 - Analizar a información e os resultados obtidos e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. |
Analizar e comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos, utilizando unha linguaxe apropiada. |
TI |
UD 3: |
5% |
|
CA2.1 - Coñecer a morfoloxía externa e interna do corpo, identificando os aparellos e órganos implicados na realización das funcións vitais. |
Coñecer os aspectos xerais da función de nutrición e as principais características dos aparatos que interveñen nela. |
PE (Non incluída no REA) |
UD 3: |
30% |
|
CA2.2 - Adoptar hábitos de vida saudables valorando a importancia dunha alimentación variada, equilibrada e sustentable, o exercicio físico, o contacto coa natureza, o descanso, a hixiene e a prevención de accidentes e enfermidades. |
Adoptar hábitos de vida saudables para previr accidentes e enfermidades: alimentación, hixiene, exercicio físico e descanso axeitado. |
PE (Non incluída no REA) |
UD 3: |
30% |
|
CA4.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. |
Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a busca de información e creación de contidos dixitais sinxelos. |
TI |
UD 3: |
5% |
|
CA4.3 - Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de pensamento de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos. |
Deseñar posibles solucións aos problemas expostos empregando diferentes estratexias de forma guiada. |
TI |
UD 3: |
10% |
|
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores |
||||