Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 4 REA, unha proposta global para a materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 6 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024 e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización

REA 1: "Non lle temas aos monstros - cRÉAos!"

UD1: O noso corpo

UD2: Móvete!

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.3 - CA4.1 - CA4.3

30%

24 sesións no primeiro trimestre

REA 2: "As aparencias enganan"

UD3: Somos o que comemos

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA4.1 - CA4.3

20%

12 sesións no segundo trimestre

REA 3: "Que non che conten contos!"

UD4: A función de reprodución

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA2.1 - CA2.2 - CA4.1 - CA4.3

20%

12 sesións no segundo trimestre

REA 4: "Entramos en materia"

UD5: Que ocorre se...?

UD6: As novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5

30%

22 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Ciencias da Natureza busca formar nenas e nenos como persoas activas, responsables e respectuosas co medio natural. A través da observación sistemática, a medición, a experimentación e a formulación de hipóteses, aprenden a comprender a ciencia como un proceso de investigación, respondendo aos problemas dunha sociedade globalizada e en constante desenvolvemento científico-tecnolóxico.

Este REA contribúe a varios dos obxectivos da área, principalmente ao obxectivo 2, coñecer e tomar conciencia do propio corpo para desenvolver hábitos saudables e para conseguir un alto grado de benestar; o obxectivo 5, utilizar recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, traballando de maneira individual e en equipo, e para reelaborar e crear contido de forma creativa e manipulativa; e o obxectivo 6, resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional para xerar, de xeito cooperativo, un produto creativo e innovador.

A través da realización desta situación de aprendizaxe o alumnado adquirirá conceptos, destrezas e actitudes relacionadas coa alimentación saudable, os diferentes nutrientes e a función que desenvolven no corpo, a repartición equilibrada nunha dieta axeitada ás necesidades das diferentes persoas e o impacto que teñen na contorna os nosos hábitos.

Especificamente o alumnado traballará de maneira activa e competencial todo o anterior para intentar solucionar un problema, que no centro educativo onde se atopan o alumnado sexa consciente se as merendas que levan son saudables ou non. Estes aspectos conforman o núcleo central da terceira unidade didáctica da programación modelo de Proens.

Este REA tamén está fortemente ligado a varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que promove hábitos saudables, conciencia sobre a nutrición e o traballo cooperativo. Aquí tes os principais ODS cos que se relaciona:

  • ODS 3 – Saúde e benestar: ao fomentar a educación sobre nutrición e alimentación equilibrada, a situación de aprendizaxe contribúe á prevención de enfermidades e á promoción de hábitos saudables.
  • ODS 4 – Educación de calidade: a través da indagación científica e da aprendizaxe activa, os alumnos adquiren competencias fundamentais sobre o impacto dos alimentos na saúde, mellorando a súa capacidade de análise e pensamento crítico.
  • ODS 12 – Produción e consumo responsable: reflexionar sobre a composición dos alimentos e os efectos do seu consumo axuda a sensibilizar sobre a necesidade de escoller opcións máis saudables e sustentables, fomentando decisións de consumo responsables.
  • ODS 10 – Redución das desigualdades: ao permitir que todo o alumnado teña acceso a información fundamentada sobre nutrición, se contribúe a reducir a brecha de coñecemento sobre alimentación saudable, independentemente das súas condicións socioeconómicas.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 3. Somos o que comemos, que corresponde á programación modelo de 6º de Primaria proposta para a área de Ciencias Naturais na aplicación Proens da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos

Bloque da materia

  • C1.2 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • C1.3 - Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • C1.4 - Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • C1.5 - Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • C1.6 - Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • C1.7 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos).
  • C1.8 - Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais).

Bloque 1. Cultura científica.

  • C2.4 - A función da nutrición e os aparellos que interveñen (respiratorio, dixestivo, circulatorio e excretor).
  • C2.7 - Pautas para unha alimentación saudable e sustentable: menús saudables e equilibrados. A importancia da cesta da compra e da etiquetaxe dos produtos alimenticios para coñecer os seus nutrientes e a súa achega enerxética.
  • C2.8 - Principais enfermidades que afectan os aparellos e sistemas do organismo humano. Enfermidades relacionadas co proceso da alimentación e a aceptación do propio corpo. Pautas para a súa prevención.
  • C2.9 - Pautas para a prevención de riscos e accidentes. Coñecemento de actuacións básicas de primeiros auxilios.

Bloque 2. A vida no noso planeta.

  • C4.1 - Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:
    • C4.1.1 - Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
    • C4.1.2 - Estratexias de procura de información na Internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).
    • C4.1.3 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.
    • C4.1.4 - Tratamento e elaboración de textos sinxelos para recoller e comunicar información (formato de texto, axuste de páxina, inserción de imaxes). Xestión de arquivos.
    • C4.1.5 - Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola Internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.
    • C4.1.6 - Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.
    • C4.1.7 - Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados etc.) e estratexias de actuación.
  • C4.2 - Proxectos de deseño e pensamento computacional:
    • C4.2.2 - Fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).
    • C4.2.3 - Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.
    • C4.2.4 - Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e do dos demais como oportunidade de aprendizaxe.

Bloque 4. Tecnoloxía e dixitalización

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición

OBX1

Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBX2

Coñecer e tomar conciencia do propio corpo, así como das emocións e sentimentos propios e alleos, aplicando o coñecemento científico, para desenvolver hábitos saudables e para conseguir o benestar físico, emocional e social

OBX5

Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBX6

Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

Competencias clave e os descritores operativos traballados:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en Comunicación Lingüística (CCL)

CCL1, CCL2 e CCL3

Competencia Matemática e Competencia en Ciencia, Tecnoloxía e Enxeñaría (STEM)

STEM2, STEM3, STEM4 e STEM5

Competencia Dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4 e CD5

Competencia Persoal, Social e de Aprender a Aprender (CPSAA)

CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5

Competencia Cidadá (CC)

CC3 e CC4

Competencia Emprendedora (CE)

CE1 e CE3

Competencia en Conciencia e Expresións Culturais (CCEC)

CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)