Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física fundamentase na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. É unha área que se dirixe ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa tamén na consecución de diversos fins educativos na Etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, aprendizaxes básicas e mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A Educación Física está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea cara ao tratamento da diversidade na aula, fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ámbolos sexos.

Debemos lembrar que a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral e que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético-comunicativa, de relacións persoais, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Para abordar con posibilidades de éxito as numerosas situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado ao longo da súa vida, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional, de relacións interpersoais e de inserción social. Deste xeito, o alumnado terá que aprender a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz.

A situación de aprendizaxe está conectada cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

ODS 3 - Saúde e benestar: A análise do funcionamento do corpo, así como dos hábitos saudables que debemos integrar no noso día a día favorecen a nosa saúde e benestar.

ODS 4 - Educación de calidade: Busca garantir unha aprendizaxe inclusiva e significativa, promovendo competencias científicas e tecnolóxicas que fortalecen o coñecemento práctico e teórico.

ODS 9 - Industria, innovación e infraestruturas: Inclúe aspectos como o deseño e organización dunha xornada deportiva intercentros, fomentando a innovación, as habilidades sociais e tecnolóxicas.

ODS 17 - Alianzas para acadar os obxectivos: O uso de recursos educativos abertos fomenta a colaboración entre educadores e comunidades para un ensino mellor e accesible.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 8: "Iniciámonos nun deporte colectivo", coa número 9: "Saímos", e coa unidade didáctica 10: "PAS" que se corresponden coas da programación modelo de 1º de ESO proposta para a área de Educación Física na aplicación PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • Saúde física

- Coidado do corpo: quecemento xeral e específico autónomo.

- A hixiene como elemento imprescindible na práctica da actividade física e deportiva.

  • Saúde social

- Comportamentos violentos e incitación ao odio no deporte.

  • Saúde mental

- Aceptación de limitacións e posibilidades de mellora ante as situacións motrices.

- A actividade física como fonte de gozo, liberación de tensións, cohesión social e superación persoal.

Bloque 1

  • Elección da práctica física: xestión das situacións de competición con base en criterios de lóxica, respecto ao rival e motivación.
  • Medidas de seguridade en actividades físicas dentro e fóra do centro escolar.
  • Actuacións básicas ante accidentes durante a práctica de actividades físicas.
  • Conduta PAS (protexer, avisar, socorrer). Protocolo 112. Soporte vital básico (SVB).

Bloque 2

  • Toma de decisións:

- Análise de movementos e patróns motores do adversario para actuar en consecuencia en situacións motrices de persecución e de interacción cun móbil.

- Adaptación dos movementos propios ás accións do contrario en situacións de oposición.

  • Capacidades perceptivo-motrices en contexto de práctica: integración do esquema corporal e dos diferentes aspectos coordinativos, espaciais e temporais en determinadas secuencias motrices e/ou deportivas.
  • Habilidades motrices específicas asociadas á técnica en actividades físico-deportivas.

Bloque 3

  • Xestión emocional: a tensión en situacións motrices, sensacións, indicios e manifestacións.

- Estratexias de autorregulación colectiva do esforzo e a capacidade de superación para afrontar desafíos en situacións motrices.

- Perseveranza e tolerancia á frustración en contextos físico-deportivos.

  • Habilidades sociais: condutas prosociais en situacións motrices colectivas.
  • Respecto ás regras: regras de xogo como elemento de inclusión social.

- Funcións de arbitraxe deportiva.

  • Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices.
  • Deporte e perspectiva de xénero: promoción do deporte en igualdade, figuras masculinas e femininas do deporte galego.

Bloque 4

  • Respecto ás normas viarias en desprazamentos activos cotiáns para unha mobilidade segura, saudable e sostible.
  • O uso da bicicleta como medio de transporte habitual.
  • Análise do risco nas prácticas físico-deportivas no medio natural e urbano: medidas de seguridade en actividades das distintas contornas con posibles consecuencias graves nestas.
  • Consumo responsable no ámbito da actividade físico-deportiva.
  • Practica de actividades físico-deportivas nas distintas contornas, coidando destas, como servizo á comunidade.

Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX1 Adoptar un estilo de vida activo e saudable, seleccionando e incorporando intencionalmente actividades físicas e deportivas nas rutinas diarias, a partir dunha análise crítica dos modelos corporais e do rexeitamento das prácticas que carezan de base científica para facer un uso saudable e autónomo do seu tempo libre e así mellorar a calidade de vida.
OBX2 Adaptar, con progresiva autonomía na súa execución, as capacidades físicas, perceptivo-motrices e coordinativas, así como as habilidades e destrezas motrices, aplicando procesos de percepción, decisión e execución adecuados á lóxica interna e aos obxectivos de diferentes situacións con dificultade variable, para resolver situacións de carácter motor vinculadas con distintas actividades físicas funcionais, deportivas, expresivas e recreativas e para consolidar actitudes de superación, crecemento e resiliencia ao enfrontarse a desafíos físicos.
OBX3 Compartir espazos de práctica físico-deportiva con independencia das diferenzas culturais, sociais, de xénero e de habilidade, priorizando o respecto entre os participantes e as regras sobre os resultados, adoptando unha actitude crítica #ante comportamentos antideportivos ou contrarios á convivencia e desenvolvendo procesos de autorregulación emocional que canalicen o fracaso e o éxito nestas situacións, para contribuír con progresiva autonomía ao entendemento social e ao compromiso ético nos diferentes espazos nos que se participa.
OBX4 Practicar, analizar e valorar distintas manifestacións da cultura motriz aproveitando as posibilidades e recursos expresivos que ofrecen o corpo e o movemento, profundando nas consecuencias do deporte como fenómeno social e analizando criticamente as súas manifestacións desde a perspectiva de xénero e desde os intereses económico-políticos que o rodean, para alcanzar unha visión máis realista, contextualizada e xusta da motricidade no marco das sociedades actuais.
OBX5 Adoptar un estilo de vida sostible e ecosocialmente responsable aplicando medidas de seguridade individuais e colectivas na práctica físico deportiva segundo a contorna e desenvolvendo colaborativa e cooperativamente accións de servizo á comunidade vinculadas á actividade física e ao deporte, para contribuír activamente á conservación do medio natural e urbano.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL CCL3 e CCL5
CP CP3
STEM STEM2 e STEM5
CD CD4
CPSAA CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4 e CPSAA5
CC CC2, CC3 e CC4
CE CE1, CE2 e CE3
CCEC CECC1, CCEC2, CCEC3 e CCEC4

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)