Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio en cada unidade didáctica, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
Tede en conta que esta situación de aprendizaxe está composta por 3 unidades didácticas, polo que a suma do valor de cada un dos criterios será un 300%.
Cada docente deberá concretar e individualizar a porcentaxe dos criterios de avaliación en relación á proposta didáctica que vai facer. O valor total non poderá superar o 100%.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.2.1. Comezar a incorporar con progresiva autonomía procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. | Comezar a incorporar procesos de alimentación saudable e hixiene despois da práctica de actividades motrices, interiorizando as rutinas propias dunha práctica motriz saudable e responsable. | TI | 9 | 10% |
| 10 | 10% | |||
| CA1.4. Recoñecer e valorar a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos sociais teñen na nosa saúde e na convivencia, valorando o seu impacto e evitando activamente a súa reprodución. | Recoñecer a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos sociais teñen na nosa saúde, evitando activamente a súa reprodución. | TI | 8 | 5% |
| CA1.5. Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial, así como os seus riscos para o seu uso no ámbito da actividade física e do deporte. | Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial, así como os seus riscos para o seu uso no ámbito da actividade física. | TI | 9 | 10% |
| CA1.6. Facer uso con progresiva autonomía das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, mostrando unha actitude crítica e un compromiso activo fronte aos estereotipos e ás actuacións discriminatorias e fronte a calquera tipo de violencia, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. | Facer das habilidades sociais, do diálogo na resolución de conflitos e do respecto ante a diversidade de competencia motriz, facendo respectar o propio corpo e o dos demais. | TI | 8 | 10% |
| CA2.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións durante a práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | TI | 8 | 5% |
| CA2.2. Actuar de acordo cos protocolos de intervención ante accidentes derivados da práctica de actividade física aplicando medidas básicas de primeiros auxilios. | Actuar de acordo cos protocolos de intervención ante accidentes derivados da práctica de actividade físicas. | TI | 10 | 50% |
| CA2.5. Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais e colectivas na práctica de actividades motrices. | Coñecer e aplicar normas de seguridade individuais na práctica de actividades motrices. | TI | 10 | 20% |
| CA3.1. Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial, así como os seus riscos para o seu uso no ámbito da actividade física e do deporte. | Explorar diferentes recursos e aplicacións dixitais recoñecendo o seu potencial para o seu uso no ámbito da actividade física. | TI | 8 | 10% |
| CA3.3. Interpretar contextos motrices variados e actuar correctamente aplicando principios básicos de toma de decisións en situacións lúdicas, xogos modificados e actividades deportivas a partir da anticipación, adecuándose ás demandas motrices, á actuación da compañeira ou do compañeiro e da persoa opoñente (se a houbese) e á lóxica interna en contextos reais ou simulados de actuación, reflexionando sobre as solucións e os resultados obtidos. | Actuar aplicando principios básicos de toma de decisións en actividades deportivas a partir da anticipación, adecuándose, a actuación da compañeira ou do compañeiro e da persoa opoñente. | TI | 8 | 20% |
| CA3.4. Mostrar control e dominio corporal ao empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade de maneira eficiente e creativa, facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices transferibles ao seu espazo vivencial con progresiva autonomía. | Mostrar control e dominio corporal ao empregar os compoñentes cualitativos e cuantitativos da motricidade facendo fronte ás demandas de resolución de problemas en situacións motrices. | TI | 8 | 20% |
| CA3.5. Colaborar na práctica de diferentes producións motrices para alcanzar o logro individual e grupal, participando na toma de decisións e asumindo distintos roles asignados e responsabilidades. | Colaborar na práctica de diferentes producións motrices para alcanzar o logro individual e grupal, participando na toma de decisións. | TI | 8 | 5% |
| CA4.1. Practicar unha gran variedade de actividades motrices controlando as emocións e as sensacións, valorando as implicacións éticas das actitudes antideportivas, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros. | Practicar actividades motrices controlando as emocións, evitando a competitividade desmedida e actuando con deportividade ao asumir os roles de público, participante ou outros. | TI | 8 | 10% |
| CA4.3. Analizar obxectivamente as diferentes actividades e modalidades deportivas segundo as súas características e requirimentos, evitando os posibles estereotipos de xénero ou capacidade ou os comportamentos sexistas vinculados ás devanditas manifestacións. | Analizar as diferentes actividades segundo as súas características e requirimentos, evitando os posibles estereotipos de xénero ou capacidade ou os comportamentos sexistas vinculados ás mesmas. | TI | 8 | 5% |
| CA6.1. Adoptar de maneira responsable e con progresiva autonomía medidas xerais para a prevención de lesións antes, durante e despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente | Adoptar de maneira responsable medidas xerais para a prevención de lesións despois da práctica de actividade física, aprendendo a recoñecer situacións de risco para actuar preventivamente. | TI | 9 | 10% |
| 10 | 20% | |||
| CA6.2. Recoñecer e valorar a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos incívicos teñen na nosa saúde e na convivencia, valorando o seu impacto na contorna e evitando activamente a súa reprodución. | Recoñecer a incidencia que algunhas prácticas e comportamentos incívicos teñen na nosa saúde valorando o seu impacto na contorna e evitando activamente a súa reprodución. | TI | 9 | 15% |
| CA6.3. Participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais, terrestres ou acuáticos, gozando de maneira sostible, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir e sendo conscientes da súa pegada ecolóxica. | Participar en actividades físico-deportivas en contornas urbanas e naturais, terrestres, gozando de maneira sostible, minimizando o impacto ambiental que estas poidan producir. | TI | 9 | 20% |
| CA6.4. Practicar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano aplicando normas de seguridade individuais e colectivas. | Practicar actividades físico-deportivas no medio natural e urbano aplicando normas de seguridade individuais e colectivas. | TI | 9 | 20% |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||