Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 22 sesións. Débese ter en conta que esta proposta de distribución busca como obxectivo principal non reducir en exceso o tempo de acción motriz co alumnado. A tipoloxía da área e o escaso número de sesións anuais fan que o compoñente motriz sexa sempre unha prioridade sen obviar que haberá momentos na aula ordinaria para exploración de contidos e realización de actividades interactivas que guían o REA.

Seccións Para que? Temporalización
Fase 1 Descrición Presentación. Sesión 1
Fase 2 Exploración Coñecementos previos. Sesión 1
Fase 3 Conexión A urbe vs a natureza. Conceptos. Sesión 1
Fase 3 Conexión Ultimate. Que é, conceptos técnicos e tácticos. Práctica do deporte. Sesións 2, 3 e 4
Fase 3 Conexión Colpbol. Que é, conceptos técnicos e tácticos. Práctica do deporte. Sesións 5, 6 e 7
Fase 3 Conexión Datchball. Que é, conceptos técnicos e tácticos. Práctica do deporte.
Sesións 7, 8 e 9
Fase 3 Conexión Kinball. Que é, conceptos técnicos e tácticos. Práctica do deporte.
Sesións 10, 11 e 12
Fase 3 Conexión A xogar apréndese xogando. Partidos de ultimate e colpbol. Sesión 13
Fase 3 Conexión Seguide xogando. Partidos de datchball e kinball. Sesión 14
Fase 3 Conexión Axuda! Formación básica en primeiros auxilios. Sesión 15
Fase 4 Reto Investigando sobre os institutos e sobre os espazos naturais. Sesión 16
Fase 4 Reto Planificación e loxística: transporte, comidas, material, equipos, horarios e actividades. Sesión 17
Fase 4 Reto Normas no medio natural: elaboración de carteis. Sesión 18
Fase 4 Reto Comunicación e difusión da xornada. Sesión 19
Fase 4 Reto Plan de seguridade intercentros. Sesión 20
Fase 4 Reto A xornada intercentros. Sesión 21
Fase 5 Conclusión Reflexión Sesión 20

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)