Saltar navegación

3. Guía de uso

Cuestións previas

As tarefas que se solicitan no REA non especifican os procedementos ou instrumentos que o alumnado deberá utilizar para acadar o resultado óptimo. Desta forma, preténdese manter unha neutralidade nos condicionantes tecnolóxicos para o profesorado, permitindo que sexa a propia persoa docente a que determine as ferramentas ou o formato máis adecuado para realizar as tarefas.

O REA deseñouse para que as posibles limitacións de equipamento tecnolóxico nos centros educativos non condicionaran a posta en marcha deste proxecto.

Considéranse tres escenarios para a elaboración dos produtos que se solicitan ao alumnado:

  • Sen recursos dixitais: con uso de materiais habituais nas aulas, como poden ser tesoiras, cartolina, material de escritura e outros semellantes.
  • Dixital sen conexión: con uso de equipos tecnolóxicos, pero sen posibilidade de conexión a Internet.
  • Dixital con conexión a Internet: uso de plataformas e servizos en Internet.

Nas recomendacións de uso ofrécense propostas de traballo para cada un dos procedementos anteriores.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)