Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

O REA está deseñado para permitir ao profesorado adaptar as propostas de traballo para o alumnado aos recursos dispoñibles.

Para a presentación do REA e as tarefas individuais e de grupo das fases 2, 3 e 4 será necesario un equipo informático.

Para os experimentos do apartado 3.2 Experimentamos:

  • Maquinando con pancas: depresores, gomas elásticas, silicona ou pegamento, pistola de silicona, tesoiras e tapóns. 
  • Maquinando con poleas: cartón, corda, palliñas, pegamento ou silicona, pistola de silicona, tesoiras, regra e lapis.
  • Maquinando co plano inclinado: cartón, regra, tesoiras, silicona ou pegamento, pistola de silicona. 

No apartado 3.3 Creamos:

  • Un tour de emocións: 
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Cinta autoadhesiva negra para facer o percorrido.
  • Paseo nas alturas:
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Cartón pluma.
    • Papel adhesivo negro ou doutra cor.
    • Moldes de madalenas de cores ou cápsulas de café.
    • Cordón fino.
    • Pistola de silicona.
    • Elementos decorativos autoadhesivos.
    • Compás e regra.
    • Lapis
  • Un carrusel musical:
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Cartón pluma.
    • Cartolinas de cores.
    • Palliñas de cores.
    • Pistola de silicona.
    • Compás e tesoiras.
    • Lapis.
  • A canastra automática:
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Catapulta creada en proxectos anteriores, con depresores e gomas.
    • Pelotas de tenis de mesa.
  • A meiga durmida:
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Caixa de cartón.
    • Cartolinas para decoración e para facer a meiga.
    • Pistola de silicona.
  • Pura adrenalina: 
    • Kit Nezha con micro:bit
    • Cartón pluma.
    • Dúas bobinas de hilo que farán de poleas.
    • 1 paliño longo.
    • Vías de tren dos xoguetes tradicionais e vagón adaptado a esas vías con imán.
    • Cordón fino.
    • Pistola de silicona.
    • Obxecto de metal, como un parafuso por exemplo.
    • Rampla creada en proxectos anteriores.

No REA ofrécese unha proposta accesible e doada de elaborar con material común.

Recomendacións segundo a dispoñibilidade de recursos:

  • Sen medios dixitais: uso de cartolina, tesoiras, pegamento e outros materiais comúns da aula.
  • Con programas informáticos sen conexión a Internet: uso de LibreOffice Draw para a elaboración dos carteis, tríptico, rótulos e invitacións. Hai que ter en conta que este tipo de programas non permite o traballo compartido sobre o mesmo produto.
  • Co uso de servizos en Internet: utilización da plataforma BoxAbalar como soporte para o traballo colaborativo de creación dos produtos dixitais.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Na primeira fase créanse os equipos estables para todo o proxecto, utilízase un procedemento non dirixido, con resultados aleatorios, para o repartimento do alumnado dentro dos grupos coa axudas das tarxetas de mulleres científicas. 

Ao longo do REA fanse propostas de tarefas para o traballo colaborativo en equipo. A análise, valoración e avaliación das producións dos grupos faise tamén en grupo.

Será necesario adaptar a configuración dos grupos (número de membros) e ampliar ou unificar temas segundo as características de cada centro educativo.

Produtos finais

O produto final será a maqueta colectiva do parque Troula Park.

O proceso seguirá esta secuencia:

  1. Cada grupo constrúe unha atracción individual.
  2. Realízase unha exposición e posta en común para achegar melloras.
  3. Ensámblanse todas as pezas nunha única maqueta final do parque.

Avaliación

Como instrumentos de avaliación achéganse rúbricas para avaliar o traballo individual e en equipo.

O REA dispón de listas de cotexo que centran a atención respecto ao obxectivo que ten cada unha das actividades propostas.

Non se inclúen nel as probas escritas recomendadas dentro da programación didáctica que figura na plataforma Proens.

Enfoque multinivel do reto

Na primeira fase créanse os equipos estables para todo o proxecto, utilízase un procedemento non dirixido, con resultados aleatorios, para o repartimento do alumnado dentro dos grupos. 

Ao longo do REA fanse propostas de tarefas e actividades de diferente grao de dificultade, tendo en conta a diversidade do alumnado.

A análise, valoración e avaliación das producións dos grupos faise tamén en grupo.

O proxecto é flexible e permite diferentes graos de complexidade técnica:

  • Nivel básico: construción con cartón e materiais de uso común.
  • Nivel intermedio: uso de materiais de refugallo con dispositivos electrónicos.
  • Nivel avanzado: emprego de pezas comerciais, motores e circuítos complexos, ou uso de impresora 3D e cortadora láser.

Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

O diario de aprendizaxe ofrécese como unha proposta de guía de reflexión (non avaliable) para o propio alumnado. Busca que recapaciten sobre as súas aprendizaxes e a maneira na que eles aprenden (estreitamente ligado ca competencia aprender a aprender). Pero é tamén para o profesorado xa que aínda que non sexa unha actividade avaliable, a revisión dos diarios de aprendizaxe pode servir para guiar e reorientar a nosa práctica docente e adaptarse mellor ás características do noso alumado.

No mesmo se responden cuestións relativas ás aprendizaxes adquiridas e ao proceso e valoración das mesmas. O alumnado ao rematar cada unha das fases ten unha "chamada" ao diario. Debido ao carácter especial da nosa área o diario está pensado para poder utilizalo de diversas maneiras, (tanto de maneira dixital como a man e de maneira completa ou segmentada por fases) como o docente decida:

  • Opción A (Libro A5): para cubrir de xeito presencial na aula.
  • Opción B (Fichas): entregadas ao finalizar cada fase do proxecto.
  • Opción C (Formato dixital): para editar directamente no ordenador, e ser entregado ao rematar cada fase (se é segmentado) ou ao finalizar á situación de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)