Temporalización do REA
Este REA deseñouse para desenvolverse en 16 sesións. A proposta está pensada para levarse a cabo no terceiro trimestre.
Engloba os aspectos curriculares da Unidade 6 "Novas tecnoloxías".
A estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
Descrición |
1. "Unha viaxe sorpresa" |
— Comunicación ao alumnado da excursión de fin de curso coa planificación da mesma. — Posta en común (en gran grupo) de forma oral sobre a problemática presentada e reflexión. — Explicación do reto: construción dunha maqueta dun parque de atracción na aula. Cada grupo elaborará unha atracción. — Primeira reflexión para o diario de aprendizaxe. |
1 sesión |
|
Exploración (coñecementos previos) |
2. "Maquinaria a punto" |
— Actividade para a creación de grupos de traballo (4 alumnos/as). O profesor entregará unhas tarxetas en sobre a cada alumno/a para facer os grupos. As tarxetas incluirán 6 mulleres científicas. Na guía didáctica inclúese que as tarxetas serán entregadas en sobre pechado ao alumnado atendendo á diversidade. — Actividade roubar ideas, onde teñen que escribir os seus coñecementos previos sobre as máquinas simples e compostas. — Realizar actividades interactivas para saber os seus coñecementos previos sobre as máquinas e a vida dixital. — Segunda reflexión do diario de aprendizaxe. |
2 sesións |
|
Conexión |
3. "Un lugar para soñar" |
— Teoría sobre as máquinas simples e práctica. — Teoría sobre as máquinas compostas e práctica. — Influencia das máquinas compostas na ciencia, medicina e deporte. — Búsqueda guiada en Internet e Netiqueta. — Elaborar cada atracción do noso parque por grupos: nora, carrusel musical, canastra, a casa do terror, montaña rusa e vehículo segueliñas. — Traballar na maqueta por grupos (manualidades, construción e montaxe). — Programación das atraccións. — Amosar, por grupos, o traballo ao resto da clase e facer propostas de mellora. — Comprobar o funcionamento de Troula Park. — Terceira reflexión do diario de aprendizaxe. |
9 sesións |
|
Reto final |
4. "Apertura de Troula Park" |
— Finalización da maqueta (agrupamento dos diferentes elementos, rótulos). — Preparación da exposición oral. — Cuarta reflexión ao diario de aprendizaxe. — Presentación e exposición da maqueta. — Gravar as presentacións para a difusión. — O alumnado cubrirá unha enquisa sobre as maquetas. |
3 sesións |
|
Conclusión |
5. "Conclusións" |
— Análise dos datos obtidos da enquisa. — Conclusións e autorreflexión. — Reflexión final no diario de aprendizaxe. |
1 sesión |