Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Cada REA corresponde a unha unidade didáctica do modelo de programación Proens. Non se levaron a cabo modificacións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "A natureza en xogo"

UD1: Os seres vivos

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

20

1º trimestre

REA 2: "Aventura Animal"

UD 2: Son un animal

CA2.2, CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA4.1, CA4.4

20

1º trimestre

REA 3: "Plantas ao rescate!"

UD 3: Son unha planta?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

15

2º trimestre

REA 4: "Exploramos os ecosistemas: misión natureza"

UD 4: Onde viven os seres vivos?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA4.1, CA4.3, CA4.4

15

2º trimestre

REA 5: "Un planeta en apuros"

UD 5: Enerxía e materia

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

REA 6: "Troula Park"

UD 6: Novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.4 , CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Desde a área de Ciencias da Natureza facilitaremos que o alumnado coñeza o mundo en que vivimos, comprenda a nosa contorna e valore as contribucións dos avances científicos e tecnolóxicos á nosa vida diaria. A través desta materia, achegámonos ao traballo científico e á súa achega ao progreso social, polo que é necesario proporcionar a toda a rapazada as bases dunha formación que lles axude a desenvolver as competencias necesarias para desenvolverse nunha realidade cambiante, cada vez máis técnica e especializada.

Seguindo esta liña pedagóxica, o REA presenta un reto creativo: a construción de dioramas e a elaboración de infografías. Esta proposta non só permite acadar as metas de aprendizaxe vinculadas á clasificación dos ecosistemas e á identificación dos seus compoñentes, senón que sitúa o alumnado no centro do proceso científico. Ao ter que deseñar as súas propias maquetas e sintetizar a información recollida, os nenos e nenas deben poñer en práctica a observación, a formulación de hipóteses sobre o equilibrio natural e a comunicación dos seus achados. 

Conexión cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

Este REA relaciónase de forma directa e sólida cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente co ODS 4: Educación de calidade, pero tamén conecta con outros ODS vencellados ao desenvolvemento científico, a sustentabilidade e a cidadanía global.

  • ODS 4: Educación de calidade; promóvese unha educación que prepare ao alumnado para comprender a realidade, tomar decisións fundamentadas e participar activamente nunha sociedade cada vez máis científica e tecnolóxica.
  • ODS 9: Industria, innovación e infraestruturas; ao introducir ás alumnas e alumnos na metodoloxía científica, capacítase para comprender e mesmo contribuír á innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico. Este enfoque é clave para formar futuros cidadáns e profesionais que impulsen a ciencia e a tecnoloxía en beneficio do desenvolvemento sostible.
  • ODS 13: Acción polo clima e ODS 15: Vida dos ecosistemas terrestres; ao ensinarlles a explicar e predicir fenómenos naturais, foméntase a conciencia ambiental e a comprensión dos impactos humanos sobre o medio, aspectos fundamentais para afrontar o cambio climático e protexer os ecosistemas.
  • ODS 12: Produción e consumo responsables; ao desenvolver unha actitude crítica fronte ás consecuencias dos avances científicos, promóvese unha cidadanía responsable, capaz de analizar eticamente o impacto da tecnoloxía na sociedade e no medio ambiente.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coa unidade didáctica número 4 correspondente á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Ciencias da Natureza no aplicativo PROENS da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os contidos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Contidos Bloque da materia
  • Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos).
  • Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais). 
Bloque 1
  • Os ecosistemas como lugar onde interveñen factores bióticos e abióticos, mantendo un equilibrio entre os diferentes elementos e recursos.
  • Relacións entre os seres vivos dun ecosistema, cadeas alimentarias, características, compoñentes e tipos de ecosistemas.
  • Relación do ser humano cos ecosistemas para cubrir as necesidades da sociedade. Exemplos de bos e malos usos dos recursos naturais do noso planeta e as súas consecuencias, recoñecendo as accións humanas que modifican o medio natural e contribúen á extinción de especies. Importancia da biodiversidade.
Bloque 2
  • Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:
    • Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.
    • Estratexias de procura de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).
    • Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.
    • Tratamento e elaboración de textos sinxelos para recoller e comunicar información (formato de texto, axuste de páxina, inserción de imaxes). Xestión de arquivos.
    • Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.
    • Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver problemas na comunicación dixital.
    • Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso, ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados) e estratexias de actuación.
  • Proxectos de deseño e pensamento computacional:
    • Observación e formulación de situacións-problema derivadas de necesidades que xurdan na súa contorna próxima.
    • Iniciación ás fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema).
  • Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.
  • Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e o dos demais como oportunidade de aprendizaxe.
Bloque 3

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
Obxectivo 1 Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural. 
Obxectivo 3 Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, analizando a súa organización e propiedades, e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o seu valor, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.
Obxectivo 4 Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.
Obxectivo 5 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.
Obxectivo 6 Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM2 e STEM4
Competencia dixital (CD) CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA 1 e CPSAA2
Competencia cidadá (CC) CC4
Competencia emprendedora (CE) CE4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)