Criterios de avaliación e mínimos de consecución
A contextualización curricular da situación de aprendizaxe corresponde á unidade 4 do modelo de programación de PROENS para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de E. Primaria.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.3 - Establecer conexións sinxelas entre diferentes elementos do medio natural mostrando comprensión das relacións que se establecen nel. |
Establecer conexións sinxelas entre diferentes elementos do medio natural coñecendo as relacións que se establecen nel. |
PE |
4 |
30 |
|
CA1.1 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre un tema específico relacionado co medio natural a través da observación. |
Formular preguntas e realizar prediccións razoadas a través da observación. |
TI |
4 |
5 |
|
CA1.2 - Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, adquirindo léxico científico básico e utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural. |
Buscar, seleccionar e contrastar información de forma guiada, adquirindo léxico científico básico para as súas investigacións. |
TI |
4 |
5 |
|
CA1.3 - Deseñar e realizar experimentos guiados, de forma individual ou en equipo, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando os instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura, rexistrando correctamente as observacións e medicións realizadas. |
Deseñar e realizar experimentos de maneira guiada, empregando instrumentos e dispositivos apropiados de forma segura e rexistrando datos sinxelos. |
TI |
4 |
10 |
|
CA1.4 - Analizar a información e os resultados obtidos, e comunicar as conclusións das investigacións, utilizando linguaxe científica e explicando os pasos seguidos. |
Analizar e comunicar os resultados das investigacións a través de diferentes formatos. |
TI |
4 |
5 |
|
CA2.4 - Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade. |
Mostrar actitudes de conservación e mellora do medio natural, a través de accións e condutas en favor da sustentabilidade. |
TI |
4 |
30 |
|
CA4.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede, reelaborando e creando contidos dixitais sinxelos. |
Utilizar dispositivos e recursos dixitais para a búsqueda de información e creación de contidos dixitais sinxelos. |
TI |
4 |
5 |
|
CA4.3 - Formular problemas de deseño que se resolvan coa creación dun prototipo ou solución dixital, avaliando as necesidades da contorna e establecendo obxectivos concretos. |
Formular un problema de deseño que se resolva coa creación dun prototipo. |
TI |
4 |
5 |
|
CA4.4 - Deseñar posibles solucións aos problemas expostos de acordo con técnicas sinxelas de proxectos de deseño e pensamento computacional, mediante estratexias básicas de xestión de proxectos cooperativos. |
Deseñar posibles solucións aos problemas expostos empregando diferentes estatexias de forma guiada. |
TI |
4 |
5 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||