Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Cada REA corresponde a unha unidade didáctica do modelo de programación Proens. Non se levaron a cabo modificacións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "A natureza en xogo"

UD1: Os seres vivos

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

20

1º trimestre

REA 2: "Aventura Animal"

UD 2: Son un animal

CA2.2, CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA4.1, CA4.4

20

1º trimestre

REA 3: "Plantas ao rescate!"

UD 3: Son unha planta?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.2, CA4.1, CA4.4, CA4.5

15

2º trimestre

REA 4: "Exploramos os ecosistemas: misión natureza"

UD 4: Onde viven os seres vivos?

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA4.1, CA4.3, CA4.4

15

2º trimestre

REA 5: "Un planeta en apuros"

UD 5: Enerxía e materia

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

REA 6: "Troula Park"

UD 6: Novas tecnoloxías

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA3.4 , CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6

15

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Ciencias da Natureza axuda ao alumnado a comprender o mundo que o rodea, desenvolvendo o pensamento crítico e a curiosidade científica. A través da observación e da experimentación, foméntase unha aprendizaxe activa que permite descubrir os procesos da natureza e a importancia de coidar o medio ambiente.

Nesta etapa educativa, o coñecemento dos seres vivos, os ecosistemas e os ciclos naturais resulta fundamental. O horto escolar preséntase como unha ferramenta didáctica que achega o alumnado á realidade do medio natural, permitíndolle experimentar de primeira man como medran as plantas, como inflúe o coidado do solo no seu desenvolvemento e que papel xoga a reciclaxe de materia orgánica na fertilidade da terra.

A través desta experiencia, os nenos e nenas investigarán as funcións vitais das plantas, observarán como factores como a luz ou a auga afectan ao seu crecemento e aprenderán sobre a importancia da sostibilidade mediante a creación dun composteiro e dun sistema de rega ecolóxico. Esta aprendizaxe práctica reforza contidos da área e contribúe á adquisición de hábitos respectuosos co medio.

Traballar nun horto tamén axuda a comprender a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada, fomentando actitudes responsables sobre o consumo de alimentos. Ademais, promove valores como a cooperación, o traballo en equipo e a responsabilidade compartida, xa que require organización e esforzo conxunto para o seu mantemento.

Este Recurso Educativo Aberto (REA) pretende facilitar o alumnado unha experiencia de aprendizaxe significativa, na que a ciencia se volve algo próximo e útil. O contacto directo coa natureza reforza o interese polos procesos naturais e impulsa o desenvolvemento de competencias científicas e ambientais que serán clave para que os nenos e nenas se convertan en cidadáns responsables e comprometidos co coidado do planeta.

Os ODS directamente conectados con este REA son:

ODS 2: Fame cero: promóvese a agricultura sostible, a seguridade alimentaria e unha nutrición mellorada contribuíndo ao coñecemento dos alimentos sans, locais e de tempada.

ODS 3: Saúde e Benestar: foméntanse hábitos saudables a través do consumo de alimentos frescos e naturais e incide na saúde mental e emocional mediante o contacto coa natureza.

ODS 4: Educación de calidade: promóvese unha educación inclusiva e equitativa ao integrar o uso de recursos dixitais e fomentar a aprendizaxe activa mediante a creación dun horto.

ODS 6: Auga limpa e saneamento: ao promover o rego sostible e o uso responsable da auga, contribúe á xestión eficiente dos recursos hídricos.

ODS 11: Cidades e comunidades sostibles: a creación dun horto fomenta espazos verdes, autosuficiencia e conciencia ecolóxica na comunidade.

ODS 12: Produción e consumo responsables: estudar produtos de proximidade e tempada implica fomentar cadeas curtas de subministración e reducir a pegada ecolóxica.

ODS 13: Acción polo clima: o horto contribúe á mitigación do cambio climático mediante prácticas agrícolas respectuosas, compostaxe, etc.

ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres: ao coidar o solo, promover a biodiversidade e evitar o uso de pesticidas, protéxense os ecosistemas locais.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe correspóndese directamente ca unidade didáctica número 3 da programación modelo do 5.º nivel de Educación Primaria proposta para a área de Ciencias da Natureza na plataforma PROENS da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os contidos específicos traballados dentro deste recurso son:

Contidos Bloque da materia
  • Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións enunciando hipóteses.
  • Vocabulario científico relacionado coas diferentes investigacións.
  • Procura de información a través de diferentes fontes, de maneira individual e en equipo.
  • Experimentación sobre cuestións científicas relacionadas coas necesidades actuais da sociedade.
  • Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
  • Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos...).
  • Comunicación dos resultados da investigación, de forma oral ou escrita, utilizando diferentes soportes (textos orais ou escritos, maquetas, presentacións, murais...).

Bloque 1

  • Características propias das plantas que permiten a súa clasificación en relación coa súa capacidade adaptativa ao medio e a realización das funcións vitais: obtención de enerxía, relación coa contorna e perpetuación da especie. A importancia da fotosíntese para a vida na terra. Plantas autóctonas de Galicia.

Bloque 2

  • Dixitalización da contorna persoal de aprendizaxe:

- Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo.

- Estratexias de procura de información na internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual).

- Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.

- Regras básicas de seguridade e privacidade para navegar pola internet e para protexer a contorna dixital persoal de aprendizaxe.

- Recursos e plataformas dixitais restrinxidas e seguras para comunicarse con outras persoas. Etiqueta dixital, regras básicas de cortesía e respecto e estratexias para resolver  problemas na comunicación dixital.

- Estratexias para fomentar o benestar dixital. Recoñecemento dos riscos asociados a un uso inadecuado e pouco seguro das tecnoloxías dixitais (tempo excesivo de uso,  ciberacoso, dependencia tecnolóxica, acceso a contidos inadecuados...) e estratexias de actuación.

  • Proxectos de deseño e pensamento computacional:

- Iniciación ás fases do pensamento computacional (creación de esquemas ou diagramas sinxelos para planificar accións, descomposición dunha tarefa en partes máis sinxelas, desenvolvemento de diferentes estratexias para a resolución dun problema...).

- Técnicas para potenciar o traballo cooperativo, a cohesión de grupo e a resolución pacífica de conflitos.

- Estratexias en situacións de incerteza: adaptación e cambio de estratexia cando sexa necesario, e valoración do erro propio e o dos demais como oportunidade de aprendizaxe.

- Linguaxe sinxela de programación por bloques e as relacións lóxicas entre eles (executar movementos, sensores, motores, impresión 3D...)

Bloque 4

Os obxectivos da área que se traballan neste REA son seguintes:

Obxectivos Descrición

OBX 1

Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural.

OBX 3

Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, analizando a súa organización e propiedades, e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o seu valor, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.

OBX 5

Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo.

OBX 6

Resolver problemas a través de proxectos de deseño e da aplicación do pensamento computacional, para xerar cooperativamente un produto creativo e innovador que responda a necesidades concretas.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

  • CCL1
  • CCL2
  • CCL3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

  • STEM1
  • STEM2
  • STEM3
  • STEM4
  • STEM5

Competencia dixital (CD)

  • CD1
  • CD2
  • CD3
  • CD4
  • CD5

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

  • CPSAA3
  • CPSAA4
  • CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

  • CC4

Competencia emprendedora (CE)

  • CE1
  • CE3

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

  • CCEC1
  • CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)