Saltar navegación

3. Guía de uso

¡No nos mires, iguálate!

O REA "¡No nos mires, iguálate!" pretende crear conciencia sobre as desigualdades de xénero presentes na nosa sociedade para formar persoas máis igualitarias. Está dirixido a todo o alumnado, tanto rapaces como rapazas, e é indispensable que non se esqueza isto. Para crear unha sociedade igualitaria hai que educar tanto a homes como a mulleres. Así, é importante ter en conta que non se trata de estigmatizar as conductas dos homes, senon que o obxectivo é construir identidades libres e fortes, non vinculadas a roles sexistas. De ese modo, resulta fundamental ter presente a necesidade de crear tanto unha masculinidade como unha feminidade desvinculadas das actitudes tóxicas da sociedade patriarcal.

Preséntanse a continuación algunhas das fontes principais das que bebeu este REA para desenvolver a temática da igualdade de xénero. A súa consulta, sen ser imprescindible, pode enriquecer notablemente tanto o labor docente como o proxecto en si mesmo:

- https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231211/AnuncioC3B0-301123-0001_gl.html: Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia;

- https://www.igualdad.gob.es/: Ministerio de Igualdad;

- https://www.un.org/es/gender-inclusive-language/: recopilación de recursos da Organización de Nacións Unidas, entre os que cabe destacar as orientacións para o uso dunha linguaxe inclusiva en canto ao xénero, así como a lista de cotexo correspondente;

- https://www.educacionfpydeportes.gob.es/mc/intercambia/recursos-coeducativos/otros-recursos.html: recursos coeducativos do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes;

- https://observatoriofiex.es/propuesta-didactica-para-el-aprendizaje-del-uso-del-lenguaje-inclusivo-en-el-aula/: materias didácticos elaborados polo Instituto Canario de Igualdad para levar a linguaxe inclusiva ás aulas;

- https://ceice.gva.es/es/web/inclusioeducativa/guia-de-patis-coeducatius: guía de patios coeducativos, Generalitat Valenciana;

- https://hezkidetzagune.euskadi.eus/es/observemos: materiais educativos para traballar os espazos dende unha perspectiva de igualdade de xénero, no marco do Plan de coeducación do Goberno Vasco.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)