¡No nos mires, iguálate!
O alumnado de 1º da ESO, na materia de Lingua castelá e literatura, colaborará para facer do centro educativo un lugar máis igualitario a todos os niveis (zonas de xogo e patios inclusivos, roles nas actividades de clase, uso da linguaxe inclusiva, baños públicos máis igualitarios no centro... ). A través da experiencia previa do alumnado na súa vida cotiá e das súas emocións e vivencias persoais sobre situacións de desigualdade, deseñarán unha campaña de sensibilización en igualdade de xénero.
Trátase de que o alumnado detecte as situacións de desigualdade e comece a cambiar a súa mirada e, se é posible, propoña solucións para este problema na súa contorna máis próxima e cotiá. O reto será, pois, crear anuncios publicitarios en distintos formatos (vídeo, cartaz, cuña) a partir da análise do propio centro (tanto dos comportamentos e actitudes como da distribución de roles e de espazos), para chegar a toda a comunidade educativa e tratar de sensibilizala acerca das potenciais situacións de desigualdade de xénero que se produzan no centro.
Para facer isto, o alumnado traballará os contidos da materia relativos á lingua como un sistema de comunicación e os elementos que compoñen ese sistema, ás características propias da lingua oral e da lingua escrita, aos usos non discriminatorios da lingua e a importancia do rigor ortográfico na lingua escrita.
Estas son as metas do noso reto:
1. Identificar os elementos que interveñen no acto comunicativo.
2. Comprender e producir textos orais e escritos adecuados a distintas situacións comunicativas, de maior ou menor formalidade.
3. Comprender e producir textos orais e escritos en diferentes formatos eficaces respecto da intención comunicativa.
4. Interpretar globalmente as mensaxes, tendo en conta tanto a información explícita e implícita, en distintos formatos.
5. Coñecer e detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
6. Aprender a revisar propios textos para mellorar a gramática e a ortografía.
7. Detectar situaciones de desigualdade.