Orientacións e recomendacións de uso
Recursos materiais necesarios
Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado como para o profesorado.
Os documentos pódense atopar en dous formatos:
Editables (.odt): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios directamente, sen necesidade de imprimilos.
Imprimibles (.pdf): teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen cambios de fomato.
Proposta de agrupamentos para actividades grupais
En xeral, os agrupamentos están propostos para pequenos grupos de 3 ou 4 persoas, con niveis, motivacións e modalidades de aprendizaxe heteroxéneas.
Algunhas actividades están propostas para o traballo en parellas, tal como se especifica na presentación das mesmas.
Existen tamén actividades orientadas ao traballo individual, preferentemente para o traballo autónomo fóra da aula.
Enfoque multinivel do REA
O enfoque multinivel está presente na totalidade do REA "¡No nos mires, iguálate!", se ben ás veces non apareza explicitamente como tal. Así, por exemplo, cando se propoñen diferentes situacións para analizar a posible desigualdade de xénero na fase 2.1 ("¿Qué sabemos de igualdad"), o alumnado ten a posibilidade de escoller entre 10 situacións con distinto nivel de complexidade.
Por outra banda, o enfoque multinivel aparece reflectido de maneira explicita nas fases 2.2 ("¿Qué sabemos de comunicación?), 3.2 ("La lengua es un sistema de comunicación") e no reto final (4. "¡Una campaña por la igualdad!"). Nestas tarefas, o alumnado (coa posible orientación do profesorado) escollerá a opción que mellor se adapte ao seu perfil, tendo en conta que todas elas conducen, por igual, a alcanzar os obxectivos previstos na situación de aprendizaxe. Cómpre sinalar que, nos tres casos, a orde de presentación dos 3 niveis é correlativa a orde crecente de dificultade.
Produtos finais
Hai tres modalidades diferentes de produto final:
- un cartaz publicitario, no que prima a imaxe e a forza do logo;
- unha cuña radiofónica, un produto orientado á lingua oral e que require unha elaboración mais complexa;
- un anuncio televisivo ou spot, o produto de maior complexidade na súa realización.
Cada unha destas modalidades correspóndese cun distinto nivel de dificultade, en orde crecente tal como aparecen aquí.
Proposta de temporalización do reto
- Sesión 1: preproducción
- En la primera sesión, además de decidir el formato que realizarán, crearán por medio de una lluvia de ideas el que será el eslogan de su anuncio y un boceto de su composición.
- Sesiones 2 y 3: producción creativa
- Desarrollarán el diseño esbozado, escribirán el guion, y decidirán y buscarán los elementos comunicativos que necesiten.
- Sesión 4: realización
- En la cuarta sesión terminarán la creación de recursos propios previstos en el diseño y maquetarán el cartel o grabarán, tras varios ensayos, la cuña publicitaria o el plano secuencia que conformará el anuncio de televisión
- Sesión 5: posproducción
- El quinto día se dedicará a la posproducción del producto, es decir, el montaje y ajuste de los elementos sonoros, gráficos y detalles finales con los que finalizarán su anuncio.
Transversalidade
Ademais da temática da igualdade entre homes e mulleres, que é, en si mesmo, un contido transversal, é interesante suliñar o carácter transversal da situación de aprendizaxe.
Por unha banda, este REA trascende a materia de Lingua castelá e literatura posto que parter da observación e da análise das dinámicas do centro educativo. Ademais, no momento de presentar as campañas a toda a comunidade educativa, xorde unha interacción cos demais grupos, materias e docentes.
Por outra banda, a colaboración interdepartamental enriquece o traballo a desenvolver e pode darse de xeito moi natural, especialmente cos departamentos de Tecnoloxía e Educación plástica e visual na realización dos retos finais, de Orientación co tratamento das desigualdades no centro e de Matemáticas na medición do impacto posterior.
Avaliación formativa
A avaliación formativa está presente no REA nas actividades de autoavaliación e coavaliación, así como na heteroavaliación levada a cabo polo profesorado.
É interesante resaltar a importancia de avaliar durante o proceso dando claves para o progreso pero sen caer na calificación numérica ou na avaliación cualitativa. Trátase de ver que está acadado e que esta aínda en proceso, para poder orientar os esforzos aí onde son necesarios e, de ser o caso, reorientar o traballo.