Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA Criterios de avaliación (CA)  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
CA2.1 Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os distintos códigos. O alumnado deberá ser capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos orais e multimodais. TI 2 10%
CA2.2 Valorar a forma e o contido de textos orais e multimodais sinxelos, avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada,así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados. En textos orais breves, o alumnado será quen de valorar a calidade, a fiabilidade e os principais procedementos comunicativos empregados para enriquecelos. TI 2 10%
CA2.3 Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias precisas. O alumnado terá que responder a preguntas precisas sobre o sentido global, a intención do emisor, a estrutura do texto e a información máis importante. TI
2

15%
CA2.8 Explicar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando unha metalinguaxe específica. O alumnado explicará, como mínimo, a relación entre a intención comunicativae as eleccións lingüísticas do emisor. TI 2 10%
CA3.3 Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado. O alumnado será quen de producir textos narrativos, descritivos e informativos utilizando o rexistro adecuado e presentando as ideas de maneira coherente e cohesionada. TI 2 10%
CA3.5 Organizar a información e integrala en esquemas propios, reelaborala e comunicala de xeito creativo adoptando un punto de vista crítico con relación aos principios de propiedade intelectual. O alumnado ten que recoñecer o tema e as ideas principais de textos alleos e ser quen de achegar o seu punto de vista persoal. TI 2 15%
CA3.8 Utilizar estratexias para a resolución dialogada dos conflitos e para a procura de consensos, abarcando tanto o ámbito persoal coma o educativo e o social. O alumnado realizará unha escoita activa, respectará o turno de palabra, será capaz de expoñer de forma concreta o problema e esforzarase por suxerir todas as alternativas de solución posibles. TI 2 10%
CA5.1 Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, tendo en conta aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. Para acadar o mínimo de consecución, o alumnado atopará sinónimos para evitar repeticións innecesarias e incluirá elementos cohesivos que evidencien unha correcta organización do contido. TI 2 10%
CA5.3 Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, así como identificar e solucionar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. Como mínimo, o alumnado detectará os erros formais (ortografía e signos de puntuación) e subsanará as incoherencias dos textos propios. TI 2 10%
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados

CA2.1, CA2.3

Análisis de situaciones / 2.1 Lista de cotejo

CA2.3, CA3.8

Fichas de observación para el cuaderno de campo / 3.1 Lista de cotejo

CA5.3

Corrección ortográfica de carteles / 3.3 Lista de cotejo

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.8, CA3.3, CA3,5, CA3.8, CA5.1, CA5.3

Reto final / Fases 4 e 5

(Autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación do producto final)

Rúbrica

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.8, CA3.3, CA3,5, CA3.8, CA5.1, CA5.3

Ficha de valoración (autoavaliación) / 5

Rúbrica

Feito con eXeLearning (Nova xanela)