Metodoloxía
O REA "¡Cuento contigo!" enmárcase no proxecto cREAgal e, polo tanto, segue a súa orientación metodolóxica. Isto é, o seu enfoque desenvolve as aprendizaxes de xeito gradual e progresivo para facilitar ao alumnado a consecución dos obxectivos da materia e da etapa. Segue, asimesmo, os principios metodolóxicos recollidos en Proens para a materia de Lingua castelá e literatura.
Así, este REA desenvolve unha situación de aprendizaxe (SA) orientada cara a resolución dun reto final que engloba o traballado durante a totalidade da SA, nun enfoque eminentemente práctico e competencial que segue as liñas metodolóxicas da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Ademáis dos contidos propios da materia, trabállase a fondo na dimensión social e cívica (a inclusión e o respecto á diversidade como contido transversal e, en última instancia, como Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e, posto que se trata de crear coñecemento observando e analizando as narracións que forman parte do imaxinario colectivo do alumnado, o proceso de ensino-aprendizaxe resulta mais cercano e motivador.
Un dos eixes da metodoloxía será o traballo cooperativo, pois é na comunicación entre iguais onde se reforzan e amplían moitos coñecementos, mentres que se establecen lazos que redundan na dimensión afectiva da aprendizaxe.
Outro dos eixes é o da avaliación formativa, que está presente durante todo o proceso, como unha ferramenta fundamental para orientar a labor docente e, ao mesmo tempo, para guiar ao alumnado e axudalo a coller as rendas da súa aprendizaxe, co obxectivo de educar aprendentes autónomos.
Todo isto, sumado ao traballo que se fai para lograr a activación dos coñecementos previos redundará en conseguir unha aprendizaxe significativa.
Por útlimo, é importante destacar que, tendo a inclusión como horizonte, seguimos o enfoque do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA), tanto no deseño das actividades (multinivel e multiformato), como na presentación desglosada dos contidos e na presentación de mecanismos de avaliación durante o proceso, que permitan determinar se é necesario implantar estratexias de revisión de contidos ou reformulación dos mesmos.