Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Códigos CA Criterios de avaliación (CA)  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)

CA2.1

Comprender o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os distintos códigos.

O alumnado deberá ser capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos orais e multimodais.

TI

5

15%

CA2.3

Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos escritos e multimodais sinxelos de diferentes ámbitos que respondan a diferentes propósitos de lectura, realizando as inferencias precisas.

O alumnado terá que responder a preguntas precisas sobre o sentido global, a intención do emisor, a estrutura do texto e a información máis importante.

PE

(non incluída no REA)

5

15%

CA3.1

Realizar narracións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo, axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos con fluidez, coherencia, cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes e utilizando de xeito eficaz recursos verbais e non verbais.

O alumnado será quen de producir textos narrativos orais con fluidez utilizando o rexistro adecuado.

TI

5

30%

CA3.3

Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle; redactar borradores e revisalos coa axuda do diálogo entre iguais e instrumentos de consulta e presentar un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.

O alumnado será quen de elaborar borradores presentando textos narrativos escritos nos que introduzan os sucesos de maneira coherente e cohesionada.

TI

5

10%

CA3.3

O alumando será quen de producir textos de intención literaria dos xéneros narrativo, lírico e dramático, respectando as súas características principais.

TI

6

10%

CA3.4

Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, segundo os aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, procurando a precisión léxica e a corrección ortográfica e gramatical.

Atopar sinónimos para evitar repeticións innecesarias, buscando as palabras máis eficaces e organizando o contido adecuadamente.

PE

(non incluída no REA)

5

15%

CA3.4

O alumnado amosará vontade de estilo na creación de textos de intención literaria, especialmente na poesía como vehículo da subxectividade do eu lírico.

TI

6

10%

CA3.7

Revisar os textos propios de maneira guiada e facer propostas de mellora argumentado as mudanzas a partir da reflexión metalingüística e interlingüística e cunha metalinguaxe específica, consultando de forma progresivamente autónoma dicionarios, manuais e gramáticas.

Como mínimo, o alumnado detectará os erros formais (ortografía e signos de puntuación) e subsanará as incoherencias dos textos propios coa axuda do dicionario.

TI

5

15%

CA4.1

Participar de xeito activo e adecuado en interaccións orais informais con relación a obras literarias no traballo en equipo e mais en situacións orais formais de carácter dialogado (como actos culturais vinculados co circuíto literario e colector), mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación coloquial e cortesía lingüística.

O alumnado deberá realizar unha escoita activa, respectará as opinións alleas e exporá con claridade as súas achegas.

TI

6

10%

CA4.2

Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor en textos literarios escritos e multimodais sinxelos, respondendo a diferentes propósitos de lectura.problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso.

O alumnado será capaz, como mínimo, de captar a idea principal e a información máis relevante dos textos literarios escritos.

PE

(non incluída no REA)

6

15%

CA4.3

Valorar a forma e o contido de textos literarios sinxelos avaliando a súa calidade e a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.

En textos sinxelos, o alumnado deberá identificar os tópicos e os xéneros literarios, así como localizar os principais recursos expresivos empregados.

PE

(non incluída no REA)

6

10%

CA4.6

Explicar e argumentar,coa axuda de pautas e paradigmas, a interpretación das obras lidas partindo da análise das relacións internas dos seus elementos constitutivos co sentido da obra, consonte a configuración dos xéneros e subxéneros literarios.

En textos sinxelos, o alumnado deberá diferenciar de maneira argumentada os xéneros literarios, mediante unha lectura comparada que atenda á evolución dos temas e formas estéticas.

TI

6

15%

CA4.7

Establecer, de xeito guiado, ínculos argumentados entre os textos lidos e outros textos escritos, orais ou multimodais, así como con outras manifestacións artísticas e culturais en función de temas, tópicos, estruturas, linguaxe e valores éticos e estéticos, mostrando a implicación e a resposta persoal do alumnado na lectura.

O alumnado deberá ser capaz de relacionar os textos en relación co emprego común de tópicos literarios e estruturas.

TI

6

15%

CA4.8

Crear textos persoais ou colectivos con intención literaria e conciencia de estilo en distintos soportes e con axuda doutras linguaxes artísticas e audiovisuais, partindo da lectura de obras ou anacos significativos en que se empreguen as convencións formais dos diversos xéneros e estilos literarios.

O alumnado será quen de producir textos de intención literaria respectando as convencións dos xéneros e empregando con eficacia os principais recursos expresivos.

PE

(non incluída no REA)

6

15%

Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Criterios de avaliación

Actividades ou exercicios/ Seccións do REA

Instrumentos empregados

CA2.1, CA2.3, CA4.2

Análisis de situaciones / 2.1

Lista de cotejo

CA3.3, CA3.4

Corrección ortográfica de carteles / 3.3

Lista de cotejo

CA2.1, CA2.3, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.7, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.7, CA4.8

Reto final / Fases 4 e 5

(Autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación do producto final)

Rúbrica

CA2.1, CA2.3

Ficha de valoración (autoavaliación) / 5

Rúbrica

Feito con eXeLearning (Nova xanela)