¡Cuento contigo!
O alumnado de 1º da ESO, na materia de Lingua castelá e literatura, colaborará para facer do centro educativo un lugar máis inclusivo e respectuoso coa diversidade. A partir da lectura e da análise de textos literarios de distintos xéneros (narrativo, poético e dramático) crearán textos narrativos que os reinterpreten actualizándoos para facelos máis inclusivos. O reto final será crear unha sesión de contacontos no que se reciten e interpreten estas novas versións dos contos.
Trátase de que o alumnado detecte as discriminacións e a necesidade de xerar un entorno máis inclusivo en canto ás multiplicidades de maneiras de estar no mundo.
Para facer isto, o alumnado traballará os contidos da materia relativos aos xéneros literarios, facendo especial fincapé no xénero narrativo (tanto dentro da literatura como nos textos non literarios), ás características propias da lingua oral e da lingua escrita, aos usos non discriminatorios da lingua e a importancia do rigor ortográfico na lingua escrita.
Estas son as metas do noso reto:
1. Identificar os rasgos que caracterizan os xéneros literarios e, en particular, ao xénero narrativo.
2. Comprender e producir textos orais e escritos adecuados a distintas situacións comunicativas, de maior ou menor formalidade.
3. Comprender e producir textos orais e escritos en diferentes formatos eficaces respecto da intención comunicativa.
4. Interpretar globalmente as mensaxes, tendo en conta tanto a información explícita e implícita, en distintos formatos.
5. Coñecer e detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
6. Aprender a revisar os textos propios para mellorar a gramática e a ortografía.
7. Detectar situaciones de desigualdade.