Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Elixir actitudes positivas ante novos retos matemáticos, tales como a perseveranza e a responsabilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | Mostrar actitudes positivas ante retos matemáticos relacionados con números decimais, tales como o esforzo e a flexibilidade, valorando o erro como unha oportunidade de aprendizaxe. | TI | 3 | 5 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. | Analizar conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma pautada relacionadas cos números decimais. | TI | 3 | 10 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. |
Formular problemas con números decimais, relacionados coas situacións cotiás, resolvéndose de xeito matemático. |
PE (Non incluída no REA) |
3 |
20 |
| CA1.7 - Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas na investigación e resolución de problemas. |
Empregar ferramentas tecnolóxicas adecuadas no proceso de resolución de problemas de números decimais. |
TI |
3 |
5 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. |
Obter posibles solucións dun problema de números decimais, seguindo algunha estratexia coñecida, tal como a representación gráfica, descomposición do número ou calquera outra. |
PE (Non incluída no REA) |
3 |
20 |
| CA4.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Formular conxecturas matemáticas sinxelas ao investigar patróns, propiedades e relacións, vinculadas coas operacións con números decimais. |
TI |
3 |
10 |
| CA4.6 - Modelizar situacións da vida cotiá utilizando, de forma pautada, principios básicos do pensamento computacional. |
Automatiza as situacións sinxelas da vida cotiá que se realicen paso a paso ou sigan unha rutina utilizando de forma pautada principios básicos do pensamento computacional. |
PE (Non incluída no REA) |
3 |
10 |
| CA6.1 - Autorregular as emocións propias e recoñecer algunhas fortalezas e debilidades, desenvolvendo así a autoconfianza ao abordar novos retos matemáticos. |
Identificar as emocións propias ao abordar novos retos matemáticos, pedindo axuda só cando sexa necesario e desenvolvendo a autoconfianza. |
TI |
3 |
10 |
|
CA6.8 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. |
Explicar os procesos e ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución dun problema ou os resultados obtidos, nos problemas cos números decimais, utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos. |
TI |
3 |
10 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||