Saltar navegación

1. Descrición xeral

La gran aventura decimal

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado de 5º de Educación Primaria ao estudo dos números decimais e as operacións básicas con eles, titulado "La gran aventura decimal". O obxectivo é que o alumnado integre parte dos bloques do sentido numérico (1), sentido alxébrico e pensamento computacional (4), e socioafectivo (6) tomando como fío condutor a planificación de orzamentos en viaxes.

Nesta situación de aprendizaxe, introdúcese ao alumnado no contexto en "Programando una excursión". Logo, preséntase como reto deseñar e orzar a súa propia proposta de viaxe ou excursión, culminando na etapa "¡Nos vamos!", onde aplicarán todos os coñecementos de cálculo.

O proceso comeza en "Una salida "Natural" para refrescar coñecementos previos. E desenvólvese, principalemente, na etapa "Preparando el viaje", onde aprenderán a traballar cos decimais en diferentes contextos. Abordarán a ordenación e comparación de números decimais e o seu uso para situar puntos e calcular prezos. Profundarán nas operacións con decimais, practicando a suma e resta, ademais de aplicar a multiplicación e a división para calcular gastos compartidos.

Ao longo deste proceso traballaranse conceptos de valor posicional dos decimais, ordenación e aproximación, e as operacións con decimais en contextos monetarios. Adquiren tamén coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse na xestión de orzamentos e a resolución de problemas que implican custos e reparticións.

As metas son:

  1. Resolver situacións problemáticas relacionadas coa vida cotiá.
  2. Desenvolver destrezas sociais de traballo en equipo respectado as opinións dos demais.
  3. Identificar as expresións matemáticas dos números decimais.
  4. Comprender o valor posicional das cifras (décimas, centésimas e milésimas) a súa importancia, as diferenzas entre elas, dende  a unidade ata a milésima.
  5. Valorar e distinguir os números decimais, comparando e aproximando.
  6. Realizar cálculos básicos cos números decimais.
  7. Comprender que un número decimal, expresa unha parte dunha unidade.
  8. Aplicar o coñecemento dos números decimais a situacións reais de compra, alugueiro, cantidades.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)